martes, 25 de abril de 2017

EL ARRENQUE ROJO



Moure, Gonzalo (2012). El arenque rojo. ilust. Varela Alicia, Madrid: Ediciones SM , [24 pp.] (ISBN:9788467556858).
IMG_20170410_204245_HDR.jpg
Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado sen palabras de gran formato (28 x28cm). As cubertas e páxinas son dun cartón ríxido e coas esquinas redondeadas.

Na cuberta pódese ver a imaxe dunha paisaxe, aínda que o que máis chama a atención é a árbore central e un peixe de cor vermella, que destaca sobre o resto das cores da cuberta que son de cores apagadas (tonos grisáceos e vermellos oscuros). Algo inusual entre os álbums ilustrados é que este ao pasar a páxina da cuberta xá dá comezo o conto, pois non ten garda na parte dianteira, pero sí unha traseira onde podemos ver a información do álbum, unha pequena reflexión dos autores e un sobre cun pequeno libro.
IMG_20170410_204334_HDR.jpg
Este libro dentro do sobre chamado “historias del arenque rojo”, este libreto contén 7 historias, onde nos falan de 7 diferentes persoaxes que aparecen nas ilustracións do libro. Historias que poden ou non poden ser certas.

Referente ao contido do conto libre de texto. Podemos ver como este se desenvolve sempre na mesma escena (un parque grande con árbores, bancos, fontes…) ao ir pasando as páxinas podemos ver como os persoaxes tamén son os mesmos, aínda que según vai transcurrindo a “historia” podemos ver como estes van cambiando e realizando diferentes accións, xestos…Pois todas as páxinas representan unha secuencia dunha tarde calquera nun parque de calquera lugar.(por exemplo: podemos ver como un neno está comendo un bocadillo, acábao e marcha)
Un libro con centos de historias pois cada persoaxe ten as súas.
IMG_20170410_204253_HDR.jpg


Potencialidades: Paréceme un libro moi enriquecedor. Onde podemos fomentar a imaxinación dos nosos nenos e deixar que esta vez sexan eles quenes inventen as historias, según van pasando as páxinas e vendo as vidas dos persoaxes. Será curioso ver como cada persoa imaxinará unha vida completamente diferente para cada persoaxe. Un conto que canto máis o miras máis entretén

“Estés donde estés, cerca de ti hay historias. Muchas historias. Tantas como personas.
Pero ¿las vemos? A veces sí. Y en eso consiste este libro.
Al principio a primera vez, solo verás el arenque rojo.
Un pretexto para distraerte, un juego, casi una broma.

Pero en el fondo, es tu mirada. El arenque eres tú, es cualquiera que mie estas páginas”

Ningún comentario:

Publicar un comentario