Breve descrición do formato e do contido da obra:
Trátase dun libro pop-up, ten un formato cadrado de tamaño mediano, puntas ovaladas e tapas duras feitas de cartón.
Na cuberta, podemos observar o título do libro "Adivina cuanto te quiero", o nome da autora e ilustradora e a imaxe de dúas lebres de cor avelá no medio dun bosque onde a pequena lebre ten os brazos abertos mirando á lebre maior coma se quixéselle dar un abrazo, polo que podemos imaxinar que se trata dun pai ou nai e o seu fillo/a.
Doutra banda, na contracuberta dános outra pista sobre o libro xa que aparece unha frase que pon: "As veces cando queres moito a alguén intentas describir o tamaño dos teus sentimentos" polo que nos dá a entender que trata sobre o amor que se ten cara a unha persoa moi importante na vida.
A historia trata sobre una lebre pequena que antes de durmir compite coa lebre grande por demostrar o moito que se queren. A lebre pequena estende os brazos todo o que lle dan de si, álzase no bico dos pés todo o que é capaz, dá saltos tan altos como as súas patas traseiras permítenlle, pero ao final, os brazos, a altura e os saltos da lebre son máis longos e máis altos que os da lebre pequena, e esta sempre chega á mesma conclusión, diciendo "ummm, canto", entón para finalizar dille que a quere ata a lúa xa que lle parece unha medida insuperable de alcanzar e quédase durmida mentres a súa nai rumoréalle ao oído: pois eu quéroche ata a lúa, ida e volta.
As ilustracións presentan cores claras
e son despegables nas cales os lectores poden observar os movementos de cada acción que realizan os personaxes polo que lles será máis fácil entender a historia.
Potencialidades:
Adivina cuanto te quiero, é unha invitación para que os nenos/as expresen as súas emocións, compartan os seus sentimentos cos demais e entendan que ás veces o amor que sentimos por outras persoas é dificil de medir como lle pasou á lebre na historia.
Doutra banda, no trascurso do relato aparecen adiviñas, comparacións e acumulación polo que podemos realizar xogos de palabras cos cativos, os cales coñeceran e utilizarán diferentes recursos lingüísticos e literarios.
Cabe destacar, que pareceme un conto axeitado pra hora de durmir, onde as familias poden aproveitar para contarllo antes de que o pequeno se vaia pra cama vivindo un momento íntimo no cal poderán dicirse ambos o moito que se queren como fan os protagonistas da historia.
É importante concienciarnos da importancia que ten que lle leamos contos aos pequenos desde idades temperás á hora de durmir xa que isto aporta grandes beneficios no seu desenvolvemento como por exemplo: potenciar a imaxinación, trasmisión de valores positivos, aprender a escoitar, fomentar a lectura, expresar emocións, aumentar a autoestima, favorecer o vínculo afectivo e comunicativo entre adulto-neno entre outros.
Non nos debémos esquecer que este libro ten imaxes despeglables polo que os nenos/as poden interactuar con él de forma autónoma xa que conta con solapas onde se pode percibir os movemento das accións que van viviendo os personaxes polo que captarán a sua atención e poderán seguir o relato dunha maneira doada e eficaz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario