·
Steve Smallman (2012) La ovejita que vino a cenar, Editorial BEASCOA ( A partir de 2-3 años ),
[32 pp.], ISBN:
9788448824549
Breve descrición do formato e
contido da obra: O conto
infantil “La ovejita que vino a cenar” é un álbum ilustrado onde
conta a historia dun lobo esfameado que sempre ceaba sopa de verduras, ata que
un día coñeceu a unha ovelliña e invitouna
a cear ca idea de comela. Pero a ovelliña non tiña intención de ser a súa cea,
porque o que quería ela era ser a súa amiga e ó final, como non podía ser de
outra maneria, os dous animais fanse grandes amigos.
O
tamaño é mediano, as tapas son duras e os cantos son en punta, ademáis de que non
ten moito volume. Na cuberta do conto observamos o título do libro la
ovejita que vino a cenar e ao lobo mirando a ovelliña na mesa da cociña con
ganas de comela e ela observándoo con
cara de medo. As ilustracións son dun tamaño mediano, tirando a grandes, onde
se mostra por completo todo o que vai pasando entre eles.
Potencialidades: É un conto
que nos vai servir para traballar co noso alumnado os valores da amizade,
axudar o mais débil e a solidariedade. Sentirse querido e ter xestos afectivos
cos demais que aprendan a axudar, compartir e coidar ao outro, valorizando
actitudes de solidariedade. Que revaloricen o valor da amizade, intentando transmitir a
importancia de ter amigos e que continúen establecendo e fortalecendo vínculos
afectivos entre pares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario