¿Quién vive en la granja ?
C.Kiffer (1990) ¿Quién
vive en la granja? Ilust. P.Berteni. León(España): Ediciones Gaviota S.A.
(A partir de 3 años ),[12pp.] ISBN:84-392-8914-b.
Breve descrición do formato e contido da obra: O conto infantil"¿Quien vive en la granja?" É un álbum ilustrado onde se van formando animais como unha
galiña, un patiño, unha vaca e un can a medida que se van pasando as follas e de
maneira xiratoria para que se vexan por completo ou para inventar moitas outras
combinacións divertidas.
O tamaño é pequeno,
onde tanto a cuberta como todas as follas son de cartón duro. Na cuberta amósase
unha partetim, onde despois se completarán todos os animais. O texto aparece con
frases moi sinxelas e pequenas, todas elas na última parte onde se forma o
animal. O interior está conformado por
ilustracións a toda páxina, carecendo de abundante texto.
A medida que imos
pasando as follas, podémolas ir xirando de xeito que se van completando os
animais, podendo facer diversas e divertidas combinacións.
Podemos utilizar este conto nas aulas, posto que, sirve para poder traballar os animas que aprece no conto ou podemos engadirlle algún mais ca nosa imaxinación e combinacións , pediremoslle aos cativos que nos digan os animais que hay e que fan cada un de eles.
Eu tamén había pensado neste libro. Gústame porque os nenos poden xirar as páxinas para componer ilustracións ou inventar combinacións moi divertidas. Desta forma, aprenden máis fácilmente as características dos animais e incrementan a súa imaxinación. Ademáis, os colores son moi chamativos á vista.
ResponderEliminar