Hermida Mª Dolores (1999),
A vendedora de mistos, ilus: Belén
Padrón,Pontevedra: Kalandraka, colec: Os contos do trasno comodín, (+3 anos)
[16pp], (ISBN:84-95123-69-X)
BREVE DESCRICIÓN DO FORMATO E DO CONTIDO DA OBRA:
É un álbum ilustrado pola editorial Kalandra. A cuberta e contracuberta están feitas con
cartón e as súas páxinas son de pouco grosor, terminadas en punta.
Na cuberta atópase o título da obra nunhas letras en
maiúsculas de cor negra. Na parte superior dereita a colección, Os contos do
trasno e a editorial.
Móstrasenos o debuxo dunha nena de cabelos louros,
concretamente a protagonista do conto que nas súas mans ten un misto. Grazas ao
título podemos saber que o traballo da protagonista da historia é vender mistos
pola rúa.
Por outra parte, na contracuberta un fondo no que
mezcla unhas cores e unhos puntiños de cor azul e despois algún retángulo de
cor lila.
En todas as follas hai un debuxo, algún que fan referencia
ao texto que está na páxina do lado ou ben un fondo de diversas cores.
En canto ao tamaño da letra que se nos presenta na historia
é o adecuado e a cor desta vai depender do fondo no que se atope, por exemplo,
fai uso da cor negra e branca para destacar as letras e comprender con claridade o texto.
Érase unha vez unha mociña que vendía caixas de mistos pola
rúa. Na noite de Noiteboa a nena tiña moito frío e ningunha persoa lle compraba
nada, andaba vagando sen rumbo dun lado para outro coa esperanza de atopar a
alguén que lle comprara mistos pero… o esforzo que fixera fora embano.
Chegado un momento, decidiu acender un dos seus mistos para que
lle dera calorciño, este acto fixo en varios momentos da noite, e en cada un
deles imaxinábase unha historia diferente.
Desgraciadamente, a nena quedou conxelada pero cunha cara de
felicidade dado que, ela tamén vivira as súas ilusión de Noiteboa.
POTENCIALIDADES:
Unha das
potencialidade que lle atopei a este conto tradicional é que lles temos
que ensinar aos nenos/as que teñen que ser boas persoas e axudarlle a aquelas
outras que non contan cos medios suficientes para poder sobrevivir.
A través desta historia os nenos e nenas entenderán que é
necesario axudarlle as demáis persoas para que non ocurra o mesmo que lle
sucedeu á protagonista da historia.
Tamén lles ensinaremos o tema da morte, xa que a esta nena
non lle brindaron a axuda que ela precisaba para sobrevivir, morrendo así, na
rúa e conxelada polo frío que pasou, dado que carecía dunha vivenda.
Moitas persoas prefieren evadir o tema da morta á hora de falar cos nenos
e nenas xa que pensan que lles van propiciar moita dor, pero este pode ser
tratado a través desta historia, por exemplo, donde se lles explica por qué
morreu a nena e cal foi a causa, e concienzalos de que lle pode pasar a
calquera das persoas que os rodean.
Recordo ler este libro cando era pequena e considero que grazas a el pódese potenciar o sentimento de apego e a compaixón cara as persoas ademais de como ben dis afrontar o tema da morte.
ResponderEliminar