·
Kate Banks (2012) El libro del oso Ilust. Georg Hallensleben. Editorial Juventud ( A partir de 4 años) ISBN:
978-84-261-3950-4 [24pp.].
Breve descrición do
formato e contido da obra: O conto infantil El libro del oso é un álbum ilustrado pola editorial juventud. Conta
que é a hora de ir durmir... e un neno
le o seu libro favorito coa súa mamá. A medida que pasa as páxinas, entra no
mundo dun oso que se prepara para durmir un profundo soño: o da hibernación. A
vida continúa en torno ao oso mentres dorme durante os fríos días de neve. O
neno intervén na narración, nos que imos descubrindo momentos de complicidade e
tenrura coa súa nai. E por fin, cando se esperta o oso na primavera, o neno, á
súa vez, pecha os ollos.
Por outra parte na cuberta amósase o oso, ao autor, o lustrador e a
editorial. O formato é de 3,1 x 23,4
cm cun volumen pequeno. O interior está conformado
por ilustracións a toda páxina, carecendo de abundante texto.
Potencialidades: É un libro sobre o ritual de ir durmir, para
primeiros lectores, acompañado dun rítmico e poético texto e fermosas
ilustracións, que xoga co paralelismo entre o ritual nocturno dun neno e o soño
longo e profundo dun oso no inverno e o pracer da lectura entre unha nai e o
seu fillo. O momento de durmir é un momento moi especial para os nenos
pequenos, xeralmente esperta certos temores e certa resistencia xa que aos
nenos cústalles perder proximidade coa mamá ou a figura encargada da súa
protección e coidado.
Unha das formas máis efectivas é establecer un ritual, que consiste nunha
serie de procedementos que se repetirán máis ou menos igual todas as noites. É
un libro moi bo e entretido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario