Domínguez López, Carlos (1992), O gato de la, ilust. Xulia Barros, Santiago de Compostela: Sotelo Blanco Edicións, [26 pp.] (ISBN: 84-7824-227-9).
Breve
descrición do formato e contido da obra: libro de forma
rectangular. Na cuberta atopamos o protagonista da obra: un gato chamado Axóuxere que chegou a unha cidade
pero ninguén o quería e estaba só. Un día que estaba camiñando pola praza
escoitou uns xemidos e foi ata alí, o que atopou era unha luva que choraba
porque perdera a súa compañeira e non a atopaba. O gato decidiu que ían estar xuntos e
xogar, pero unha luva nunca estivera cun gato, polo que o gato converteu a
luva nun gato e xa podían ser amigos.
Potencialidade: conto para nenos e nenas de ata os 8 anos de idade. É fácil de manexalo e
todas as follas están ilustradas. A conclusión que podemos sacar é que aínda
que non sexan iguais e coas mesmas características podemos intentar melloralos para
que así sexa e xogar todos xuntos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario