venres, 24 de febreiro de 2017

RosalíaTe

Este videopoema é o resultado da montaxe realizada por Xosé Constenla cos traballos presentados ao Concurso que convocou a Vicerreitoría do Campus de Ourense con motivo da celebración do Día de Rosalía 2017. Nel pódese observar a creatividade, a imaxinación e as múltiples perspectivas desde as que é posible achegarse aos poemas de Rosalía de Castro. Grazas a todas e todos por participardes, por vos esforzardes en ofrecer lecturas inclusivas, lúdicas e actuais. Mágoa dalgúns traballos que por problemas técnicos con puideron ser incorporados a esta proposta tan suxestiva e que vos vai facer pensar en moitas posibilidades de cara ao futuro para traballar a poesía. Ide pensando xa na edición de 2018!


4 comentarios:

  1. Unha gran experiencia poder participar na elaboración dese micro videopoema de 20s, e formar parte ademáis desta fermosa composición de Xosé Constenla.
    Quedará sempre no recordo. 24 de Febreiro de 2017, ¡Viva Rosalia!

    ResponderEliminar
  2. Unha mágoa non poder compartir aqueles que foron rexeitados... polo menos quedará a lembranza do tempo adicado a cada un deles

    ResponderEliminar
  3. Encantoume ver o noso vídeo neste recopilatorio, todo un orgullo para min e o meu grupo, que disfrutamos dun momento moi agradable grabando o vídeo

    ResponderEliminar
  4. Moitas grazas por deixar ó vídeo ó noso alcance.
    Representar un cachiño da obra de Rosalía foi unha experiencia moi bonita e enquiquecedora.
    Espero que cada ano se lembre, dunha forma parecida a esta, á gran Rosalía!

    ResponderEliminar