luns, 20 de febreiro de 2017

O vendedor de tormentas

Rivera Ferner, Marta (1999), O vendedor de tormentas, ilust. da autora, trad. Antom Fortes Torres, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Demademora, (de 2 a 6 anos), [24 pp.] (ISBN: 84-95123-55-X).



Breve descrición do formato e contido da obra: volume de formato mediano, cadrado, con esquinas en punta e páxinas tamén cadradas con debuxos moi coloridos e un breve texto en case todas elas, ás veces intercalado no medio das ilustracións para saber máis facilmente a que se refire. Ao principio apenas hai diálogos, pero a medida que avanza a historia aparecen algúns. As primeiras ilustracións teñen unhas cores máis apagadas e frías (xa que están nun pobo no que nunca ven o sol), e as seguintes (cando chega o sol ao pobo) máis cálidas e alegres.



Potencialidades: O conto ten moitos substantivos e adxectivos relacionados, polo que poden aprender e recordar diferente vocabulario. Tamén se fala do clima, e se relacionan as cores escuras e tristes co mal tempo e as cores vivas e felices co sol e as flores. É un conto entretido, xa que os debuxos son divertidos e isto axuda a que os nenos se metan máis na historia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario