Gubiana, Valentí
(2009), Pimpón el muñeco, ilust.Mónica
Calvo y Patricia Metola, Zaragoza: Edelvives, col. Gotas Dulces, (de 2 a 6 anos),
[10 pp.]

Potencialidades. Como
se indica na propia contracuberta, é “un libro para aprender os hábitos”. Nesta
colección os nenos/as a través do personaxe aprenden hábitos como neste caso,
descobren o contorno, amplían o seu vocabulario... Por outra parte, vai formando
rimas que lle permite de maneira máis fácil e divertida acordarse de como fai
o personaxe os diferentes hábitos, para logo imitalo. Permite tamén que os nenos/as se
sintan identificados co boneco Pimpón. Este libro eu recomendaríallo para nenos
a partir dos dous anos, xa que é cando se empezan a facer máis autónomos e
adquirir pouco a pouco uns hábitos que chegan case asentados a escola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario