Breve descrición do formato e contido da obra:
Perdido? |
Libro de tapa dura, de 27x26cm, con ilustracións que retroalimentan a historia que se narra no texto, permitindo unha mellor comprensión. Na cuberta aparece o pingüín e un neno embarcados cara á súa aventura. Debaixo dos protagonistas, encóntrase o título da obra e o nome do autor do conto. Con respecto á contracuberta, obsérvase a continuación do mar e un breve resumo. A narración está en galego.
Un neno atopa diante da porta da súa casa un pingüín. Pregunta onde se perdeu e a onde pertence pero ninguén ofrece axuda. O neno busca información dos pingüíns e decátase de que vén do Polo Sur. Embárcanse cara ao seu destino. Cando o abandona e volve cara á casa nota soidade, polo que dá volta e búscao de novo. O pingüín xa non estaba. De volta á casa encóntrao polo camiño e regresan xuntos.
Potencialidades: Neste libro amósasenos a importancia da amizade, o descubrimento de novos amigos e as segundas oportunidades. Móstranos que realmente o que nos fai felices está ao noso lado, non fai falta ir lonxe para atopalo. O personaxe do neno encarna o valor de superación e a actividade, xa que está atento a todo o que acontece e busca solucións; o pingüín simboliza a fidelidade. Unha historia de amizade e sobre todo de atención cara aos sentimentos e ás necesidades dos demais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario