Browne, Anthony (2006),
Sacapenas, ilust. do autor, trad.
Chema Heras e Pilar Martínez, Pontevedra: Kalandraka, col. Tras os montes,
(+3 anos) [24 pp.] (ISBN: 978-84-8464-585-6).
Descrición do
formato e do contido da obra: é un álbum ilustrado de tamaño
case grande e de forma cadrada, está feito de cartón duro, a cuberta e a contracuberta e as páxinas tamén son de gran grosor. Na cuberta vemos como se chama o libro, o autor, o ilustrador
e a editorial a que pertence, ao mesmo tempo amósasenos a imaxe dun neno, o cal vai ser o protagonista da historia e na zona inferior, vemos dous bonecos que ao ler a historia vamos comprender o que significan.
E na contracuberta atopamos o resume da historia, para
así podernos facer unha idea do que vai tratar. Ao mesmo tempo observamos que conta con varias cores vivas e diferentes formas xeométricas.
As páxinas que forman esta historia teñen un fondo de cores
diferentes (branco, amarelo, azul,verde…) En cada unha delas temos un pequeno
texto e algunha imaxe. Aparece unha palabras nunha letra maior
que fai referencia ao debuxo que se atopa por encima desta. Sen ter en conta as palabras mencionadas anteriormente que
teñen un tamaño destacable hai que comentar que as outras tamén son dun tamaño
adecuado para os nenos e nenas.
Pasados uns días, o neno, Bieto, vai quedar a durmir na
casa de seus avós e cando chegou a noite as súas preocupacións volveron á súa
mente, polo que tivo que chamar pola avoa, esta foi ata donda el e preguntoulle
que lle pasaba, unha vez que o neno llo contou deulle unha solución, os
Sacapenas, que eran bonequiños aos que lles ía ter que contar cada pena e metelos debaixo da almofada e así durmir ben, isto funcionou, pero un día
decide facer máis Sacapenas para os seus Sacapenas e para os seus amigos.
Potencialidades: con este libro podemos contarlle aos nenos e
as nenas a través dunha historia que non teñen que ter medo a nada nin a ninguén, dado que moitos destes teñen problemas a causa de diferentes cousas que lles suceden
por exemplo: na aula, no patio… cos seus compañeiros, amigos ou con calquer
outro neno/a. E o máis importante é que cando teñan medo a algo ou a
alguén llo digan a aquelas persoas que sabe que o van axudar porque quere o
mellor para eles e non deixarían que lles suceda nada.
Mellorar potencialidades. Non só se hai que centrar na temática, senón no diálogo texto-imaxe e as posibilidades de traballo que nos dá a lectura visual e a textual. Mellorar a redacción, máis fluída, directa e destacando o importante para que colegas e persoas interesadas saiban que ofrece a obra que ti elixes.
ResponderEliminar