Soldado, Magda (2006). É rara Makeke?, ilust. Jacobo Muñiz, A Coruña: Baía Edicións, col. Xiz de Cor, nº 9, [36 pp.] (ISBN: 84-96526-65-8).
Descrición do formato e o contido: álbum ilustrado, de formato medio e cadrado (20x20). A cuberta e a contracuberta é de cor verde, moi presente tamén nas ilustracións interiores. A cuberta preséntanos a personaxe principal da obra, unha formiga chamada Makeke. As ilustracións representan moi ben o que se conta no texto, a maioria delas aparecen só nunha páxina e na outra aparece o texto co fondo nunha soa cor que contrasta coa ilustración. As emocións que están sentindo cada un dos personaxes aparecen moi ben representadas nas expresións dos seus rostros.
A historia conta a aventura dunha
formiga que vivía no deserto con máis compañeiras, todas elas eran diferentes.
Un día de treboada fixo que Makeke aparecese nun lugar ben diferente a súa
casa. Pouco a pouco ía encontrándose con varios animaliños e íalle preguntando
a cada un deles se sabían onde estaba o deserto. Ningún deles sabía como dicirlle
por onde tiña que volver a súa casa, pero a xoaniña díxolle que igual podía
quedar coas formigas que vivían no Carballo Vello. O que finalmente sucede non o vou a contar, para que o que o queira saber o poida descubrir por si mesmo lendo a obra.
Potencialidades: É unha historia moi sinxela pero
que transmite unha mensaxe importante: non podemos xulgar a xente pola súa aparencia, xa
que todos somos diferentes, necesitamos desa diferenza para poder vivir en
sociedade e complementarnos uns aos outros, e que se nalgún momento facemos isto podemos intentar rectificar pedíndolle perdón a esa persoa.
Este é un tema moi importante que
se debería tratar cos nenos e nenas dende pequenos, para intentar cambiar o
pensamento de toda a sociedade e así entender que non debemos xulgar a xente
pola súa aparencia sen antes coñecela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario