Breve descrición do formato e
contido: obra que se caracteriza
por ter unha forma rectangular e alongada e tapa dura. Por unha banda, na garda dianteira aparece unha
imaxe cun fondo de cores escuras onde aparece unha nena que semella estar
temerosa por algunha razón. Enriba da nena e sobre o fondo, está o título da
obra en dúas cores (azul e vermello) e coa palabra “miedo” de diferente tamaño
que o resto. Ao lado dereito dos pés da nena, pódese observar o nome tanto do autor coma da ilustradora, mentres que á dereita se mostra o da editorial. Por outra banda, na garda traseira aparece o mesmo fondo, pero esta vez amósase un debuxo da mesma
nena cun gran sorriso e, sobre isto, unha breve descrición da obra.
.
En
canto ao interior da obra, a toda páxina (par e impar), represéntanse
diversas ilustracións do máis psicodélicas, é dicir, que manifestan o que a
nena ten na súa mente. As cores son moi variadas, con moitos contrastes entre cores
máis escuras e máis claras que semellan estar pintadas con pinceladas marcadas, algunhas
finas e outras grosas, sen unha delimitación clara que separe os personaxes do
fondo. Os textos son breves, todos co mesmo formato e situados na parte
inferior de cada páxina, que fan referencia aos diversos debuxos representados.
O
contido trata a historia dunha nena que cando ten medo á hora de deitarse,
chama a través da súa imaxinación a todos os seus amigos, os cales a protexen e
a axudan a eliminar tal sentimento, cada un dun xeito diferente. Finalmente, a
parte máis importante é cando a nena se chama a si mesma e di “¡Ana no tiene
miedo de nada!”, poendo así durmir tranquila con todos os seus amigos, a
excepción dun deles que queda vixiando.
Potencialidades: o que pretende esta obra é convidar os nenos/as a
identificarse coa personaxe, que cando ten medo enche a súa mente dun mundo
moito máis divertido, máxico e seguro para ela, todo coa axuda duns amigos moi
especiais. A maiores, poténciase de xeito simultáneo a imaxinación, dando
renda solta ao universo infantil, axudándolles ao mesmo tempo a superar os seus
temores e a facilitar a odisea de quedar durmidos. Así mesmo, a simplicidade
das oracións favorece a comprensión da historia e anímaos a introducirse na
ledicia que supón ler, estimulando do mesmo xeito a súa linguaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario