xoves, 16 de febreiro de 2017

A QUE SABE A LÚA?

Grejniec, Michael (2011) A que sabe a lúa?, ilust. Michael Grejniec, trad. Camen Barreiro, Pontevedra: Kalandraka, col. Tras os montes, (de 3 anos en adiante), [26pp.] (ISBN: 978-84-8464-625-9).

Breve descrición do formato e contido da obra: este conto é un album ilustrado cun tamaño de 19,5x29 coas tapas duras e as esquinas en punta. En canto ás ilustracións e ó texto, son bastante sinxelos, xa que o texto se presenta en cor negro nunha folla en branco cun debuxo moi simple ó fondo e na folla que está ó lado a imaxe que se corresponde con dito texto. As imaxes son simples e realistas, de fácil identificación coa realidade pero sen cores que chamen moito á atención. É un conto de acumulación e os persoaxes son animais da selva.



En canto ó contido, relata a historia dun grupo de animais que observan todas as noites á lúa e queren probar a que sabe. Un día a tartaruga decidiu subir ata a montaña máis alta, pero nin así alcanzaban á lúa. Entón chamou ó elefante que se puxo enriba da tartaruga, o elefante chamou pola xirafa que se puxo enriba do elefante e así sucesivamente coa cebra, o león, o raposo, o mono e o rato ata que este  puido arrancarlle un anaquiño á lúa e compartilo cós seus amigos para saber a que sabía a lúa. A cada un, sóubolle a aquilo que máis lle gustaba a cada un dos animais. Remata coa intervención dun peixe que o vira todo dende o mar e non entendía tanto esforzo cando a lúa tamén se podía atopar na auga.


Potencialidades: á través desta obra podemos traballar unha gran cantidades de valores e conceptos. Como por exemplo, o sabor dos alimentos e o concepto de doce ou salgado; os conceptos de arriba e abaixo, encima ou debaixo; tamén se poden traballar os animais da selva e a súa alimentación. Como valores podemos destacar a importancia do traballo en equipo. a cooperación e a amizade; a importancia de esforzarse para conseguir os obxectivos tanto de forma individual como coa axuda dos demais e, por último, a importancia de respectar as opinións dos demais, xa que cada un pode ter o seu punto de vista e a súa opinión dun tema en concreto, como lle pasa ós animais có sabor da lúa ou a percepción que ten o peixe sobre a lúa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario