luns, 13 de febreiro de 2017

Rescate animal

George, Patrick (2015). Rescate Animal, Barcelona: Editorial Juventud, col.  Mis Primeros Conceptos, (+ 3 anos),  [30 pp +11 transparencias], (ISBN: 978-84-261-4338-9).

WhatsApp Image 2017-02-13 at 22.33.22.jpeg

Breve descrición do formato e contido da obra: libro de formato pequeno (23x21 cm) e tapa dura cun tacto suave. As ilustracións exteriores, ao igual que o título Rescate Animal, son rechamantes e sinxelas. Na cuberta indícase que é un libro de transparencias. Trátase dun libro sen palabras. Unicamente ao final do volume aparece un reto ou unha reflexión para os cativos, por iso a historia se serve só de vistosas ilustracións e transparencias coas que os nenos e nenas crearán as súas propias historias “rescatando” os diferentes animais que nos propoñen. O seu título danos unha pista do que pode conter e, ao abrilo, observamos diferentes imaxes como a que poñemos a continuación:


WhatsApp Image 2017-02-13 at 22.33.20.jpeg
Nesta imaxe vemos a un tigre que foi cazado e agora forma parte do mobiliario dunha casa, pero se xiramos a transparencia que hai no medio para o outro lado…


O tigre aparece na selva!


Así, unha tras outra, preséntannos diferentes  situacións nas que un animal se atopa nun lugar que non lle corresponde, fóra do seu hábitat, e os nenos (e non tan nenos) ao xirar a transparencia cara ao lado esquerdo verán o animal no lugar que lle corresponde. É unha imaxinativa e eficaz maneira de crear conciencia nos nenos sobre o respecto e o coidado dos animais e a natureza.

Potencialidades:
Como ben se nos indica na contracuberta:
Trátase dun libro que nos introduce de maneira divertida e sinxela na reflexión sobre a importancia da protección dos animais. Os nenos e nenas que lean este libro non só “rescatarán” animais, senón que poderán crear as súas propias historias con cada unha das situacións que aparecen na obra. Vai máis alá dun libro de transparencias, é un libro que sen dicir unha soa palabra está deixando unha gran marca sobre as persoas que o len, tanto cativos coma adultos. Ler este libro en familia ou en asemblea paréceme unha interesante maneira de debater os diferentes puntos de vista e de reforzar valores de respecto, solidariedade, protección, empatía… á vez que as nenas e nenos crean historias ao redor das ilustracións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario