Núñez, Marisa (2006), Chocolata, ilust. Helga Bansch, Pontevedra: OQO, (+3 anos), [36 pp], (ISBN: 849657362-L).
Breve descrición do formato e do contido: trátase dun álbum ilustrado con encadernación en cartoné, formado por 36 páxinas e tapas duras dun tamaño de 25x23 cm sen cantos redondeados. Na cuberta aparece a personaxe principal, a hipopótama Chocolata, e o seu amigo que emprenderá con ela a aventura, mentres que na contracuberta aparece o debuxo dunha bañeira, o cal é o incentivo polo que ela empeza a somerxirse na viaxe. Ambas as dúas, cuberta e contracuberta, están debuxadas en cores marróns simulando a cor do chocolate en honor da protagonista. Ao longo do libro podemos observar que en cada páxina a ilustradora coida cada imaxe inspirada en África e emprega o uso de moitas cores vivas para chamar a atención dos nenos e nenas. Conta con bastante letra e usa o emprego dos diálogos entre os personaxes e tamén o uso de maiúsculas e negriña para captar máis a atención nese fragmento.
O libro conta a historia de Chocolata, a cal estaba farta de bañarse sempre na mesma lagoa e un día entérase de que na cidade hai baños e decide saír da selva coa intención de probalos. Para non chamar tanto a atención entre os integrantes da cidade decide comprar un chándal e uns tenis con luciñas que alumeaban ao andar para non parecer tan salvaxe. Finalmente logra bañarse e de paso percorre diferentes sitios urbános da cidade dos cales nun deles, decide mercarlle un libro sobre a selva africana ao seu amigo Teófilo. Chocolata cando regresa á súa lagoa entrégalle o regalo ao seu amigo e este cóntallo sempre pola noitiña ata que se quedan todos durmidos.
Potencialidades: a través deste libro podemos mostrarlle aos nenos e nenas as diferentes culturas que podemos atopar (neste caso a africana), a importancia de saber adaptarse a cada situación pero sen cambiar a personalidade, así como a importancia da amizade, xa que Chocolata demostra que a pesar de que lle gustou coñecer outra forma de vida que teñen personas distintas a ela, prefire estar cos seus amigos de sempre e estar na súa charca de barro, porque a pesar de que sexa menos luxosa cá bañeira o importante é estar no lugar que máis a gusto e cómodo estea un mesmo.
Ademáis tamén nos insina o amor pola lectura, xa que o protagonista lle leva como agasallo a Teófilo un libro, potenciando así o interese pola lectura e mostrando o divertido que pode ser compartila entre todos.
Ademáis tamén nos insina o amor pola lectura, xa que o protagonista lle leva como agasallo a Teófilo un libro, potenciando así o interese pola lectura e mostrando o divertido que pode ser compartila entre todos.
Hoxe en día é moi importante, que os menos sepan que existen outras culturas distintas as deles, e con este tipo de libros podemoslles explicar ínfimas cousas sobre elo, e que a pesar das diferenças, seguen a ser personas iguais ca eles e ó mellor inclusive uns grandes amigos.
ResponderEliminarMoitas gracias Nerea polo teu comentario! Alégrome moito que che guste como recomendación para traballar cos nenos e nenas. Un saúdo!
EliminarEsta obra tamén serve para fomentar o amor pola lectura, xa que a protagonista considera que un libro é un gran agasallo e por iso compra un para o seu amigo Teófilo. Ademais, na ilustración da librería pódense ver libros expostos con portadas e títulos moi semellantes a outros volumes da misma editorial (OQO).
ResponderEliminarEstou completamente conforme co teu comentario, ten unha gran potencialidade esta obra para fomentar a lectura entre os máis cativos e ensinarlles a valorar o gran agasallo que pode ser un libro e todo o que éste lle pode ofrecer. Moitas gracias pola túa observación para acabar de mellorar as potencialiades que nos ofrece esta obra. Un saúdo!!
Eliminar