Holzwarth, Werner (2007), A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, ilust. Wolf Erlbruch, Adaptación Tipográfica: Toño Ferreiro, Editorial: Kalandraka Editora 2016, Colección: Tras Os Montes.
ISBN: 978-84--8464-619-8
Breve descripción do formato e contido da obra: conto narrativo de 24 páxinas. En cada secuencia narrativa o texto vai por debaixo dos debuxos, onde se van vendo os animais que aperecerán en cada secuencia e ós que a toupa lles irá preguntando quen lle fixera aquilo que tiña na súa cabeza. En canto á encadernación, trátase dun formato rectangular, con cantos rematados en punta. As cubertas deste conto son de cartón duro. Na portada aparece o debuxo da toupa enfadada na procura de saber quen lle fixera aquilo ademáis de levar o título do libro enriba do debuxo.
Na historia a toupa cando esperta e sae da súa toupeira nota algo raro da cabeza e ve o que tiña nela. Enfadada decide sair a preguntar a todos os diversos animais cos que se atopará no camiño para dar co culpable de quén lle fixera aquela porcallada enriba da súa cabeza. Esta preguntaralle a un coello, a unha cabra, a unha vaca, ao cabalo e a un porco se lle fixeran aquilo, pero finalmente darase conta de que quen lle fixera caca encima da súa cabeza fora un can.
Potencialidades: este é un conto no que se vai empregar os nomes de diversos animais, o cal favorecerá que os nenos poidan recoñecer os animais a través das imaxes. Por outra banda empréganse elementos de repetición, isto é importante, xa que a través da repetición os nenos aprenden antes a historia e así non se lles esquece tan rápido. Por último e sen ser menos importante hai que destacar que este libro ten o seu toque de humor e de risa, co cal os máis cativos se poden entreter e divertir e sobre todo pasar un momento de lectura agradable e divertido.
Tamén paga a pena mencionar o tratamento de temas escatolóxicos como é a caca, que non é común observar nas obras infantís. Neste sentido hai que dicir que é relevante tratar estes temas, de gran interese para os nenos e nenas, coa maior naturalidade posible sen que haxa ningún reparo. A maiores, ao mesmo tempo que aprenden a existencia de diferentes tipos de animais e a emisión dos seus sons, poderán coñecer qué tipo de defecacións produce cada un.
ResponderEliminarÉ preciso completar a ficha bibliográfica, mellorar redacción e potencialidades, aínda que xa Aloia apuntou algunha máis en boa dirección.
ResponderEliminarNa descrición fálase de "conto narrativo", non será un álbum ilustrado?