domingo, 26 de febreiro de 2017

¡Achís!

Pérez Escrivá, V. y Ranucci C. (2010). ¡Achís! Madrid, España: Edelvives. [32 pp.] (ISBN: 978-84-263-7380-9). 




Breve descrición do formato e contido da obra: Estamos ante unha obra de tapa dura, coa cuberta de distintas cores e o nome do libro no centro da parte superior nun anaco de papel branco, coma se o acabasen de rachar. O protagonista atópase debuxado no centro do libro con cores rechamantes que captan a atención do lector e anticipan a historia. No interior atopámonos coa portada e a contraportada chea de utensilios da casa: unha cafeteira, unha vasoira, un aspirador, unha cadeira etc. A historia está narrada con texto e imaxes, polo que temos un álbum ilustrado. Todo o texto está escrito en maiúsculas, como se pode apreciar na imaxe de abaixo. O libro forma parte da colección “Cosas, cositas y cacharros”. A historia trata dunha vasoira que é alérxica ao po, e como consecuencia espirra de seguido. A súa dona dáse de conta e pronto a bota pola fiestra sen querer saber máis dela. Outra muller atópaa no lixo e decide levala para a casa, pero ao decatarse dos espirros da vasoira, tamén se libra dela. Finalmente, un señor pasa pola caixota do lixo e atopa a escoba moi maliña e cos pelos moi danados. Lévaa para a casa e dálle un bo baño, namentres pensa cal pode ser o mal da vasoira que acaba de atopar. Despois de moito pensar, os dous concluíron que se debía á alerxia da vasoira ao po. E o home decidiu amabelmente que a vasoira xa non ía limpar o po, senón que se dedicaría a limpar as follas secas do seu xardín. Así, os dous foron felices. 




Potencialidades: Este libro ensina a nenos e nenas a importancia de aceptar as nosas virtudes e tamén os nosos defectos, e ver que non sempre encaixamos nunha determinada cousa, e non por iso xa non valemos para algo, senón que podemos ter outras virtudes que nos fan importantes a ollos dos demais. Tamén ensina os distintos elementos da casa (a vasoira como protagonista, os mobles, as fiestras...) e tamén a importancia de ser boas persoas e apreciar a todo o mundo. 










1 comentario:

  1. Redactar de novo as potencialidades. Está moi enleado o texto. É preciso mellorar a redacción

    ResponderEliminar