luns, 20 de febreiro de 2017

A historia dos bonobos con lentes.

Turín, Adela (2013), A historia dos bonobos con lentes, ilust. Nella Bosnia, Pontevedra: Kalandraka Editora, [40 pp.] (ISBN: 978-84-8464-832-1).





Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado de tapa dura e forma rectangular (21,5 x 27 cm).  Nel cóntase a historia dos bonobos e as bonobas, os cales vivían todos xuntos. Os bonobos dedicaban o seu tempo diario a comer o que as bonobas recolectaban para eles, viaxaban e modernizábanse, mentres que as bonobas permanecían cos seus quefaceres diarios que lles impedían poder evolucionar. O status era moi desigual entre eles e as bonobas eran infravaloradas ata o punto de que se chegaban a burlar do seu aspecto. Tiñan a errada teoría de que a educación e o progreso do grupo enteiro era prexudicial. Un día as bonobas cansaron de aturar ese comportamento tan egoísta e decidiron crear elas a súa propia civilización afastadas deles. Cando os bonobos quedaron sós, non eran capaces de facer as tarefas que antes eran feitas polas bonobas… aí foi cando valoraron as súas funcións.




Potencialidade: Este conto paréceme axeitado para nenos e nenas a partir dos cinco anos de idade, xa que é unha lectura mais densa e con mais texto do habitual para ser axeitada para cativos e cativas de menor idade. Penso que lecturas deste estilo son moi interesantes durante esta etapa ademais de necesarias, xa que transmiten valores importantes, como neste caso os referidos á educación para a igualdade. Valores os cales son necesarios inculcar dende as idades mais temperás.



Ningún comentario:

Publicar un comentario