sábado, 11 de febreiro de 2017

Feroz, mágico, maravilloso y...

Mantegazza, Giovanna (1994), Feroz, mágico, maravilloso y..., ilust. Cristina Mesturini, trad. Pepa Linares, Madrid: Editorial EDAF, (de 3 a 6 anos), [24 pp.] (ISBN: 84- 7640-910-9).

Descrición do formato e o contido: o presente volume é un álbum ilustrado interactivo posto que convida aos lectores a levantar solapas, descubrir, e pensar na solución a algún problema. O libro que se presenta é de formato cadrado e de gran tamaño, conformado por cubertas e páxinas de cartón fino que se unen a través de argolas. O que máis chama a nosa atención son as inmensas ilustracións que aparecen ao despregar as solapas que o conforman, cheas de cor e coloreadas, aparentemente, baixo a técnica da acuarela.


Todo a obra xira en torno a algúns personaxes clásicos dos contos infantís: as sereas, os ogros, as fadas e os ananiños. Nas súas letras preséntase a estes personaxes facendo alusión a outras obras que os conteñen, como é o caso de Pinocho ou Brancaneves, e simultaneamente expoñendo algúns aspectos que os caracterizan. Combina prosa e verso nas súas páxinas e relaciona cada un dos personaxes co adxectivo que máis o define, por exemplo, serea marabillosa e fada máxica.

Potencialidades: considero que esta obra nos convida a introducirnos de cheo na literatura infantil máis clásica ao mesmo tempo que coñecemos máis os personaxes que a conforman. É unha obra que convida aos nenos e nenas a descubrir, resolver algún enigma e poder potenciar a súa creatividade.

Coa lectura desta obra podemos convidar os nenos a que nos falen de contos nos que lembren que aparecen estes personaxes, deste xeito, favoreceremos a linguaxe oral e viaxaremos con distintas historias que nos axudarán no labor de educar en valores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario