sábado, 11 de marzo de 2017

Cuando estoy triste

Autor: Tracey Moroney,  Editorial: Edicciones SM, ISBN: 9788467516760, literatura de 5 a 8 anos.


Breve descripción do formato e do contido da obra: Este conto é un álbum ilustrado de forma rectangular e con cuberta dura. Concretamente ten 24 páxinas e estas están representadas de forma horizontal. Cabe destacar que as páxinas están moi ben ilustradas,os debuxos son grandes e moi ben representados,  o que quere dicir que ainda que non haxa moito texto no conto, a través das imaxes xa podemos ir interpretando a historia e saber o qué se nos quere trasmitir.
Este conto narra a historia dun coelliño co cal os nenos de entre 3-6 anos se sentirá identificado, pois o coello vive situacións cotiás que viven os cativos.  Concretamente neste conto poderemos experimentar como se sente o coelliño cando se encontra triste, que pensamentos ten, e cómo lle pode axudar poder falar con alguén que o escoite.



Potencialidades: Este conto forma parte dunha serie de colección de libros nos cales en cada un deles o protagonista, neste caso un coelliño experimentará diferentes emocións: cando se sinte triste, cando ten medo, cando está celoso... Neste en particular, pode axudar a identificar aos máis cativos cando están tristes, o porqué o están, porque senten ao mesmo tempo medo, como podelos axudar a superar eses medos,etc. É un conto que está moi ben xunto co resto da colección para traballar coa educación emocional dos nosos nenos.

1 comentario:

  1. Este conto paréceme moi axeitado tanto para os nenos como para os pais. Para os nenos, para que vexan o exemplo do coello e de como cando expresa os seus sentimentos se sentíu mellor. Para os pais, para que vexan a importancia de falar cos seus fillos e que estes lles expresen os seus sentimentos, o cal os fan sentir mellor. Este libro pertence a unha colección de libros que tratan sobre distintas emocións, como o que subín eu "Cuando estoy celoso".

    ResponderEliminar