venres, 24 de marzo de 2017

UN PROBLEMA GRANDE


González, Xosé M. (2002), Un problema grande, ilust. Felix Eckardt,   Pontevedra, Kalandraka Editora,                     ISBN: (84-8464-128-7).





Breve descrición do formato e contido da obra: Volume ilustrado, de formato cadrado e de tapa dura. O texto xorde tanto nas páxinas pares coma nas imapares, cabe destacar as ilustracións as cales non están realizadas de maneira tradicional con ceras, senón que semellan estar feitas mediante a técnica do óleo. Na cuberta da obra aparecen un neno e o seu can debaixo dunha manta e semella que están xogando ás agochadas.



Este libro conta a historia dun neno que dun día para outro ten un irmán. Na historia vaise vendo as diferentes reaccións do protagonista con respecto deste novo suceso xunta ao seu inseparable can.








Pontecialidades: Os nenos e nenas poderán coñecer as diferentes emocións que xorden cando un neno ten un novo irmán e as consecuencias que isto conleva.
Na obra tamén se tratan temas como os da familia e as ganas de chamar a atención, así como a maduración das persoas froto do paso do tempo,  e tamén a capacidade de adaptarse ás diferentes circunstancias e as de aprender a convivir.


Ningún comentario:

Publicar un comentario