venres, 31 de marzo de 2017


“A Avoa do Ceo”





Lavatelli, Anna (2015), Avoa do Ceo, ilust, David Pintor, trad. Isabel Soto, El Patito Editorial [24 pp.] (ISBN: 9788494321368).



Breve descripción do formato e contido da obra: É un álbum ilustrado de formato rectangular en forma apaixada e tapa dura, con especial coidado na impresión dos magníficos debuxos de David Pintor e cunha caligrafía que facilita a lectura dos máis pequenos. Na súa cuberta o libro amosa unha fermosa avoa nun ceo ideal. Neste volume trata a morte donde se ve lo unida que estaba unha neta coa súa avoa que acaba de falecer.
A nena nada máis comezar a historia pregunta si a súa avoa irá a comer con eles e a súa nai contesta que a avoa foi o ceo. Cando llega a casa a nena irá o xardín co seu muñeco, se acostará na herba e observará as nubes e as súas formas, pois quere descubrir onde está a súa avoa. Verá que se aproxima e falará con ela. Na obra veremos a unión que nadie ni nada pode romper, a relación entre unaha avoa e a súa neta, unha relación que no conoce límites e na que todo é posible, incluso montar na bicicleta e salir a percorrer  o horizonte, co seu querido perro, entre unha nube e un raio de sol. A nena regresa tranquila a casa, a morte xa non da medo, porque cando o cariño sigue  nos deixa o recordo dos bos momentos máis gratos que compartimos e iso nunca morre, si sabemos recordalo. David pintor conseguiu con estas ilustracións enriquecer o texto e facernos ver todo o que a nena imaxina e quere ver. 


Potencialidades: Este álbum ilustrado narrativo da vida cotiá que contan unha historia orixinal, pero dentro da cotidianeidade da vida dos nenos cunha gran sensibilidade ante a morte dunha avoa. A anécdota soe ser pouco relevante, e o máis importante é amosar ao lectorado infantil o mundo no que vive, a vida cotiá coas súas posibilidades, diferentes ambientes e ocasións especiais tipificadas. Este tipo de álbumes publícase normalmente en coleccións dun mesmo protagonista que vai pasando polas diferentes experiencias vitais. Os protagonistas son sempre nenos ou animais que se comportan coma nenos.

Este fermoso libro está pensado para tratar cos máis cativos tratar de forma natural a reacción dunha nena ante a morte da súa avoa. Hai que ter en conta o difícil que resulta  tratar un tema tan difícil como a morte e no que a autora o fai con suavidade e poesía con palabras sencillas como encontra a forma de contar esta historia. Este maravilloso libro paréceme que reflexa moi bien esa unión que existe entre os avós e os netos.  Desta forma os nenos poderán ver a morte dunha maneira tan sinxela e dulce que uno nin se da conta de que cada unha das protagonistas están nun  plano diferente.
A autora do libro lévamos a sumerxirnos nunha historia divertida, alegre e colorista con a mesma naturalidade coa que os nenos enfréntanse a toda na vida. A obra constitúe unha invitación a imaxinar o que podemos recordar os momentos máis gratos, nos pequenos segredos, as inocentes travesuras que sempre compartimos cos nosos avós e como no tamén de todas as cousas que nos “cubren”.

Outro gran protagonista do libro é o ilustrador David Pintor no que tanto a neta como a avoa están magníficamente elaboradas e que soubo plasmar a perfección o conto que nos ofrece Anna Lavatelli. O ilustrador seguiu fiel o seu estilo pese a o delicado do asunto e o seu arte colorista e brillante axudou a aportar naturalidad e alegría o texto. Deste xeito, este álbum ilustrado representa a todos os nosos seres queridos, os que se foron para sempre. Eles viven nos nosos recordos e mentres os sigamos recordando permanecerán o noso carón.



  




Ningún comentario:

Publicar un comentario