sábado, 25 de marzo de 2017

BAMBI

BAMBI



1985 Walt Disney Productions. Editorial: Everest, S.A. Carretera León - La Coruña, km 5- LEÓN.
Texto e ilustración: F. Capdevila , (ISBN: 84-241-5580-7). TERCERA EDICIÓN.




Breve descripción do formato e contido da obra: O libro está presentado entre unhas pastas duras de cartón. Na cuberta principal do libro aparece o título do libro e unha imaxe do protagonista da historia.
En canto á narración do conto, e bastante breve. Conta con 24 páxinas nas que a historia se reflicte con imaxes acompañada dun pequeno texto. As imaxes ocupan máis da metade das follas e atópanse en todas as páxinas do libro.
As letras son de un tamaño máis ou menos mediano e ocupan pouco menos da metade da lámina. Tamén se repiten en todas as páxinas do conto.




 A maior parte da historia está narrada en terceira persoa. Contén algúns diálogos nos que o protagonista do conto, Bambi, tamén fala cos seus amigos e ca súa nai.
Bambi e un pequeno cervatillo que naceu cos primeiros raios de sol que iluminaban o bosque. Tan pronto como bambi comeza e aprende a dar os seus primeiros pasos, comeza a xogar cos seus novos amigos, Tambor, o coello xoguetón, Flor, a tímida e adorable mofeta... Pero a diversión de patinar sobre un lago xeado, de mordisquear as flores do bosque e de xoguetear entre as árbores será soamente o principio de un longo aprendizaxe. Guiado por o seu amigo o Buho, Bambi aprenderá leccións sobre o valor do amor, a perdida de seres queridos, da madurez, e, en definitiva, de seguir adiante co camiño que marca a vida.

Potencialidades: Considero que é un libro bastante interesante para os máis pequenos, xa que os enseña a resolver diferentes situacións da vida.
Tamén respecto as imaxes do texto creo que están moi ben representadas, xa que ilustra todo o que vai contando o texto e podería guiarse o texto soamente cas imaxes.




Ningún comentario:

Publicar un comentario