martes, 14 de marzo de 2017

Elos. Literatura Infantil e Xuvenil

Recomendo a lectura deste blog, que me parece de grande interese para a formación de mestras e mestres, dado que o seu contido son fundamentalmente recensións críticas sobre obras de creación infantil e xuvenil en lingua galega. Analízanse obras para diferentes idades, destacando as súas potencialidades, as temáticas, os personaxes, os argumentos e focalizacións, de modo que o mediador/a pode valorar se é de interese para os destinatarios nos que está pensando. As análises están feitas por especialistas en Literatura Infantil e Xuvenil de universidades de Galicia e Portugal e dirixidas a pais, bibliotecarios, mestres e toda persoa interesada nesta literatura. Tamén se poden descargar dende o blog guías temáticas nas que se seleccionan obras narrativas e poéticas infantís, anúncianse eventos ao redor desta literatura e monografías que se editan con estudos máis demorados sobre temáticas, autores, tendencias etc. 



Podedes acceder aos contidos en http://elos.es/ .


Ningún comentario:

Publicar un comentario