A Caixa do Tesouro
Neira, Xose.A (2001), A caixa do Tesouro, ilust. María Sánchez,Pontevedra:Kalandraka, [ 38.pp.] (ISBN:84-8464-106-6).
Breve descrición do formato e contido da obra: É
un álbum ilustrado, dunha recreación dun conto pupular, este ten un uso
instrumental. Como é un conto popular as características que se mostran son: o
simbolismo numérico, neste caso a simboloxía do número tres por ser tres irmáns, igual que os tres porquiños; as fórmulas introdutorias e a linguaxe coloquial, con
abundancia de diálogos para axilizar o ritmo da narración.Ademais de ter unha
progresión lineal e introducción de rimas, a hora de presentar as irmáns.Por
outra parte, podese dicir que conta cun narrador visual e outro verbal.

Potencialidades: Grazas
a este relato os nenos/as descobren que o máis importante é a tranquilidade, a unión desas tres irmáns ata
o final, ese é o verdadeiro valor que lle quería trasmitir a súa nai. Tamén
serve para aprender non só a memorizar e acordarse dos personaxes se non tamén
aprender as estacións do ano, xa que ao describir como se chama cada irmá fai
unha comparación cunha estación, por exemplo da irmá mediana di: “ A segunda
chámase Salinda e tiña o pelo da cor das follas das árbores do outono”.Tamén
lle ensina aos nenos/as a que non hai que ser competitivos para conseguir algo,
xa que cada unha pensaba en que facer para herdar a caixa, cando o que tiñan
que facer e axudarse.
Por outra parte,
é un libro que leva a crear curiosidade por saber quen acaba herdando a caixa e
que contén dentro.
Neste tipo de
recreacións o que fixeron é adaptarse aos intereses cambiantes da sociedade, e
as distintas tanto correntes literarias como finalidades que pode ter.
Ademais como é un álbum
tal como se observa na fotografía posterior, as ilustracións axúdanos a
compresión do texto, facendo máis sinxela a lectura, debido a que neste o 50%
do espazo son imaxes e incluso só con estas poderíase facer a lectura do conto.
Xa que co descubrimento dos álbums na década dos sesenta do S.XX, se rompe ca
dicotomía académica da oposición do texto-imaxe. Isto é así porque as relación que
se establecen entre o texto-imaxe, discorren a diferentes niveis, podendo
funcionar de forma asimétrica, en complemento ou en contraposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario