venres, 3 de marzo de 2017

Iago

Slegers Liesbet (2009) Iago, trad. Ignacio Chao, Pontevedra: Editorial Tambre [21 pp] (ISBN: 978-84-92404-60-5)
Breve descrición do formato e contido da obra: Trátase dun libro ilustrado de tamaño medio-grande de tapa dura é forma rectangular (25 x 27 Cm). O trazo do debuxo é sinxelo con cores vivas o que fai que desperte o interese do lector por a lectura.
O conto trata sobre as pequenas aventuras que ten Iago por primeira vez. Dende que é un bebé ata que se fai un pouco máis grande. Son moitas as aventuras nas que se enfronta Iago pero todas son moi divertidas e entretidas para o protagonista. Sempre di o que fai no lugar no que se encontra e as cousas que fai nese lugar.
É un conto moi entrañable para o lector porque mediante a súa lectura chégase a coñecer moi ben a Iago.
En cada páxina conta a súa pequena historia: a barriga de mamá, cando era un bebé, xa sei facer moitas cousas, estou a medrar, a miña roupa, a miña mamá e o meu papá, o xardín, as estacións, o primeiro día de escola, o patio da escola, no cuarto de baño, a miña casa, a xogar, no hospital, caio, o meu xantar preferido e o meu avó e a miña avoa.
Potencialidades: É un libro fácil de entender, con palabras sinxelas, perfecto para nenos de a partir dos 3 anos.
En cada historia pídese a participación do lector para nombrar os obxectos que aparecen na ilustración por o que é un conto perfecto para ampliar vocabulario e recordar o xa aprendido.
Este conto tamen serve para contar cómo son algunas experiencias que o mellor algún alumno (non tivo e) ten medo de pasar: ir por primeira vez o colexio ou ir ao hospital...


Ningún comentario:

Publicar un comentario