mércores, 22 de marzo de 2017

FLORA Y EL FLAMENCO


Molly Idle (2012). Flora y el flamenco, ilust. Molly Idle, Barcelona:Barbara Fiore, (3+),[40pp],(ISBN:978-84-15208-23-5)

Breve descrición do formato e do contido:
Trátase dun album ilustrado sen palabras, ten un formato rectangular (20x25 cm), de tamaño mediano e tapas duras de cartón. 
Tanto na cuberta como na contracuberta dános unha pista de como será o libro. Por unha banda, na cuberta aparece o título da obra de cor negra cun fondo rosa pastel, no medio un flamenco de cor salmón rosado e unha nena pequena vestida cun bañador rosa, un gorro de baño amarelo e unhas aletas. Ambos están rodeados por un círculo branco onde se miran atentamente o un ao outro, mentres que na contracuberta só aparece a nena sumerxida no círculo branco cunha posición de ballet coma se fose a comezar un baile.
A historia trata sobre unha nena chamada Flora que segue sixilosamente a un flamenco, cando este decátase comezan a coñecerse, a xogar e a bailar unha danza que non soa. Ao principio os movementos da pequena son algo torpes pero coa axuda do ave convértese nun baile en parella perfectamente sincronizado e armonioso. 




Como ben mencionamos anteriormente, o libro non ten texto pero coas súas ilustracións elegantes, esveltas e sinxelas podemos entender a historia dunha forma clara e sinxela. Ademais, hai páxinas con solapas baixo as cales axúdanos a formar parte do xogo que entablan os bailaríns, pois Flora imita ao Flamenco cando este dáse a volta, coma se fose o xogo infantil chamado "escondite inglés"  fomentando a atención dos nenos/as. Tamén podemos observar claramente que en cada páxina aparece un fondo branco con marxes cheas de flores onde predomina a cor rosa.




  • Potencialidades:
Flora y el flamenco, protagonizan este precioso álbum onde a amizade nace cun baile sen palabras. 
A partir del, podemos traballar diversos conceptos cos nenos e nenas como son: 
- A motricidade: Flora, a protagonista da historia imita cada movemento e postura do flamenco seguindo unha danza que non soa polo que podemos preguntarlle aos nenos/as se lles gusta bailar e que tipo de bailes coñecen, rematando cunha danza onde recrearemos a historia do libro e ao mesmo tempo traballaremos a súa motricidade grosa. 
- A igualdade entre xéneros: A cor predominante é o rosa polo que lle inculcaremos desde pequenos que as cores non teñen xénero e que valen para todos igual xa que moitas veces se ten unha idea equivoca sobre isto.
- O xogo: Os protagonistas do libro protagonizan o xogo infantil chamado "o escondite inglés" polo que podemos xogar entre todos fomentando valores de comunicación, cooperación, aprender a seguir regras entre outros, pasando un rato cheo de diversión e dinamismo.
- A amizade entre nenos e animais: Preguntaremoslle aos cativos se teñen animais na casa, se os coidan etc fomentando neles valores tan importantes como a responsabilidade, o coidado,o respeto hacia os animais, o amor e a amizade.
- A imaxinación: Como ben dixemos con anterioridade, este albúm ilustrado non conta con texto polo que os nenos/as poderán fomentar a súa imaxinación e creatividade cando interactuén co libro.

Cabe destacar que este álbum vai máis aló dun baile sen palabras entre unha nena e un flamenco xa que mostramos un mensaxe claro e conciso que todos deberíamos de ter en conta nas nosas vidas. 

"Coa axuda dos demais podemos levantarnos e volver intentalo, superar baches, aprender e sobre todo disfrutar"
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario