
Breve descrición do formato e contido da obra: Libro ilustrado, de cuberta dura con formato cadrado.
Xa na portada podemos apreciar unha fermosa avestruz que coida moito das súas plumas, a historia xirará arredor desta personaxe principal e cómo de tanto chulearse diante do reino animal (das súas plumas), vai ter un pequeno contratempo. O texto xorde tanto nas páxinas pares coma nas impares, e en ocasións o formato da letra vese alterado para así poñer máis énfase e chamar a atención do lector movendo as letras pola ilustración.

Potencialidades: Neste libro podremos traballar cos nenos cos diferentes animais e a fauna que existe na Savana Africana. Tamén a través desta historia poderán sacar unha moralexa de que non hai que chulearse do que un ten xa que dun momento a outro iso pode desaparecer, e que se todos somos iguais e non hai que discriminar a ninguén. De como a través do traballo en equipo as cousas saen moito mellor e que sempre hai que axudar aos demais sen esperar nada a cambio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario