Martins, Isabel (2014). P
de papá, ilust. Bernardo Carvalho, trad. Xosé
Ballesteros, Pontevedra: Kalandraka, col. demademora, [26 pp.] (ISBN:
978-84-8464-690-7).
Descrición do formato e o contido: álbum ilustrado, de formato medio e cadrado (22x22). A cuberta e a contracuberta son de cores diferentes ao igual que todo o libro, nelas aparecen as dúas personaxes do conto. Nas gardas aparece o personaxe principal representado de diferentes formas polo que xa nos dan unha pista da súa representación na obra. Ao longo do libro van intercalando moitas cores, xa que cada unha das páxinas son diferentes, cando o fondo é claro os personaxes aparecen nun ton máis escuro e viceversa, para así resaltar aos protagonistas. As ilustracións son grandes e vistosas ao igual que o texto e nelas representase moi ben os sentimentos que están a sentir os personaxes.
A historia conta os diferentes papeis que pode ser un pai
na vida do seu fillo. Un pai pode converterse nun avión para xogar, nun abrigo
no que resgardarse, nunha escada que o axude a chegarlle a todo o que el queira
coller, nun doutor que o cure cando non estea ben e en todo o que se propoña
chegar a ser.
Potencialidades:
É un conto moi sinxelo, de fácil lectura e entendemento.
Fala da importancia da relación paterno-filial.
Esta obra fainos ver que un pai é un gran apoio, co que
podemos facer moitas cousas como: falar, xogar e moito máis xa que eles
intentan facer todo o posible polos seus fillos e por axudalos en todo o que
poidan. Como xa mencionei anteriormente pareceume moi interesante o ben que se
representan as emocións no rostro dos personaxes e en moitas das ilustracións
como por exemplo na seguinte, na que o pai non se encontra nun momento pracenteiro,
xa que se esta a mollar nun charco, pero isto faino polo seu fillo, para que el
non se molle e esté feliz.
Quere ensinarnos que co proxenitor podemos vivenciar todo
tipo de emocións (tristeza, medo, felicidade...) xa que el sempre vai a facer o
que pense que é mellor para o benestar do seu fillo, e para que non perda o
sorriso que é de gran importancia ao longo da vida.
Paréceme novedoso no sentido de que na maioría dos contos
o proxenitor que máis se representa é a nai, e tamén debemos darnos conta que a
figura masculina pode chegar a ser ao igual que a feminina moi importante na
vida dos nenos e nenas.
Gustaríame engadir, para completar a descrición da obra, que este é concretamente un álbum ilustrado liteario non narrativo ao presentar un tipo de estrutura diferente aos meramente narrativos. Neste caso emprégase unha estrutura enumerativa, tal e como menciona Mónica Domínguez (2015) no seu traballo "Tipos de álbumes ilustradis en galego dende 1998", onde se fai unha especie de lista das diferentes funcións dun pai dende o punto de vista do seu fillo. Este tipo de estrutura enumerativa permite que os nenos e nenas comecen a ser conscientes das diversas manifestacións que pode presentar a escritura e a lectura dependendo do que pretendamos dar a entender, é dicir, da existencia dunha ampla gama de funcións lingüísticas. Deste xeito, esta obra non deixa de ser un gran recurso para, ademais de potenciar o que comentou a miña compañeira, favorecer o enriquecemento da expresión e a linguaxe.
ResponderEliminar