Núñez, Marisa (2010), O pito Cairo, ilust. Helle Thomassen, Pontevedra: Kalandraka, (+3 anos) [40 pp.] (ISBN: 978-84-95124-85-5).
Breve descrición do formato e contido da obra. Conto narrativo de tamaña mediano, de tapas duras, con puntas agudas e corenta páxinas. Na cuberta aparece o personaxe principal do conto (O pito Cairo) e leva ás costas unha saqueta; na contracuberta aparece unha especie de cadro no que podemos ver a Cairo escapando.
Este conto popular narra a historia dun poliño que un día se atopou cunha bolsa chea de moedas de ouro e decidiu levarlla o rei. Ao largo do camiño vaise atopando con diferentes obstáculos pero acaba cpmendo todo o que se lle cruza no camiño. Cando chega xunto o rei, este decide quedarse coa saqueta e comer o pito pero Cairo comeza a soltar pola boca todo o que tragara anteriormente e gracias a eso sálvase.
Potencialidades. Este conto popular ofrecenos varias repetecións ao longo de toda a narración as cales lle axundan aos nenos a seguir mellor a historia. Tamén podemos traballar a astucia e a confianza cara personas que non coñecemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario