González, Olalla (2003), Chibos Chibóns, ilust. Federico
Fernández, Pontevedra: Kalandraka, col. Os contos do trasno (+ 2 anos) [32pp] (ISBN: 978-84-8464-617-4). 6° Edición.
Breve descrición
do formato e contido da obra: Conto Infantil que
podemos clasificar como álbum ilustrado,
adaptado dun conto popular do que non especifican a orixe.
Presenta un formato
cadrado, de pouco volume. As tapas son duras e de esquinas redondeadas. Na
cuberta aparecen os protagonistas da historia, que neste caso son animais, tres
chibos. Xogaron coa chiba do chibo máis grande para por o nome da autora e do
ilustrador. Enriba dos chibos mediano e pequeno podemos ver o título do conto. Na
contracuberta, aparece o nome da colección á que pertence este conto, os contos
do trasno.
Tanto na cuberta,
contracuberta e o resto de páxinas predomina a cor azul. Esta cor representa o
ceo, xa que o conto comeza presentándonos a tres chibos que vivían no alto
dunha montaña.
Os garda páxinas
presentan a mesma cor que predomina no libro, azul, así como uns círculos de distinto tamaño de cor branca, que
poderían representar as nubes, xa que os chibos vivían no alto dunha montaña.
Estes círculos semellan que foron pintados con pincel e pintura branca.
A anteportada mostra datos como o nome da autora, ilustrador, editorial,
ISBN, o número de edición etc.
A portada presenta o
título do libro Chibos Chibóns en cor
negra, centrado e maiúscula, o debuxo de
tres montañas cun pico pronunciado e en cor verde,herba, cuns trazos
redondeados. Tamén aparece o nome da autora e o do ilustrador ao lado das
montañas. Na herba aparece o nome da editorial Kalandraka.
As ilustracións presenta
imaxes un tanto exaxeradas. para a presentación das personaxes, os chibos
atópanse no alto dunha montaña, na que parece que case non collen. En xeral,
predominan as formas redondeadas.
As cores son neutras,
acompañadas as veces dalgún color que resalta, como pode ser a herba, a area, a
cor do ogro etc.
Os textos xogan co tamaño
da letra, como por exemplo, en función
do tamaño do chibo, o chibo pequeno, letras pequenas, o chibo mediano, letras
medianas e o chibo grande, letras grandes. Os diálogos son repetitivos é
facilita a súa memorización. Tamén xoga coa sonoridade.
Os chibos chibóns son tres chibos que vivían no alto montaña. Un día
decidiron baixar xa que na outra beira do río medraba unha herba moi apetitosa.
Para chegar a ese lugar tiñan que cruzar unha ponte, onde vivía un ogro que a
vixiaba día e noite. Ante esta situación, decidiron facer un plan para pasala
ponte e enganalo ogro. Finalmente, conseguen o seu propósito e pastar rica herba.
Potencialidades: é unha obra que invita a
participación dos máis pequenos a través de rimas. Tamén podemos traballar a
seriación (tamaño, números, cores etc.). Outro tema que trata e a astucia e a
cooperación. Da a coñecer un novo animal, os chibos, que quizais os nenos non
coñezan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario