martes, 7 de marzo de 2017

A escada vermella


 Pérez Hernando, Fernando (2015), A escada vermella, ilust: Fernando Pérez Hernando, traduc: Rodríguez Manuela: Kalandraka,colec: demademora,(+3anos), [8pp], ISBN: 9788484649502

BREVE DESCRICIÓN DO FORMATO E CONTIDO da obra:

É un álbum ilustrado que conta cunha cuberta e contracuberta dura, terminadas en punta e con follas de gran grosor.
Na cuberta xa nos amosa ao protagonista principal da historia, ademáis atopamos a editorial contra o fondo e o autor e o ilustrador do libro.

 


Na contracuberta contra a parte inferior aparece a editorial a que pertence este libro e o seu código de barras, esta información está baixo un fondo de cor azul clariña.
  



En cada páxina aparece un pequeno texto acompañado de imaxes que fan referencia a el. Podemos ver o debuxo dalgunha das palabras que se mencionan como por exemplo, no texto “para subir as nubes” e ao seu lado xa aparece a fotografía do que é para que os nenos e nenas vaian asociando palabras con debuxos. 


Un paxariño tiña unha ferramente que nunca deixaba, a calquer lado que ía sempre a levaba consigo, era unha escada.
Ao mesmo tempo pero sen el sábelo había outro animaliño que o acompañaba a todos as partes ás que fora.
Un día o noso protagonista perdeu esa escada e atopábase moi triste porque sen ela pensaba que xa non podía ir a ningún lado pero o animaliño que o acompañaba a todas as partes díxolle que non se podía poñer así xa que podía viaxar e ir ata donde el quixera porque era un páxaro e por el só era capaz de voar sen precisara a axuda daquela ferramenta.

POTENCIALIDADES:
Neste álbum os nenos poden aprender como é unha escada e cal é a función que desempeña.  
Aprenderán a asociar unha palabra a través dun debuxo que nos di como é, a diferenciar algunha cor. 



1 comentario:

  1. Eu nas potencialidades sinalaría a mensaxe que nos transmite a obra de crer en nós e nas nosas posiblidades, de coñecer as nosas habilidades e non autolimitarnos. Valorarnos e saber que somos quen de facer moitas cousas por nós mesmos.

    ResponderEliminar