Turín, Adela (1976). Rosa
caramelo, ilust. Nella Bosnia, trad: G. Tolentino, Pontevedra: Kalandraka
(2012) (+ 3 anos) [40 pp.] (ISBN: 978-84-8464-799-7).
Breve descrición do formato e
contido da obra: con motivo do Día
Internacional das Mulleres, 8 de Marzo, propoño a análise deste texto clásico
da literatura coeducativa. Trátase dun conto con 40 páxinas bastante grosas,
todas elas ilustradas, en cada secuencia narrativa aparece o texto que compón a
historia, escrito en galego, nun canto na zona superior ou inferior da páxina, e
a súa respectiva ilustración abarcando dúas páxinas, dunha forma moi visual e onde
predominan os cores vivos, desta forma logra chamar a atención dos máis cativos.
O formato ten forma rectangular e un tamaño mediano, con cantos rematados
en punta e as súas medidas son 22 x 28 cm. Presenta cubertas de cartón grosas e duras:
por unha banda, na dianteira aparece representada a elefanta, Margarida,
protagonista de dita historia, acompañada pola súa familia; ademais contén o
nome da autora, da ilustradora e máis a editorial. Por outra banda, na
contracuberta, aparece un breve texto que nos aporta información sobre a
colección á que pertence este volume (A favor de las niñas) trátase dunha
colección de referencia para a coeducación e a igualdade de xénero. Tamén
aparece unha ilustración dunhas flores e insectos variados. No lombo aparece o
título da obra, a autora, a ilustradora e a editorial.
Centrándonos no contido; unha manda de elefantes e elefantas viven de
maneira separada e teñen actividades diferentes, inclusive a cor de elas e eles
é diferente. As femias encóntranse illadas nun xardín de anémonas e peonias; o
seu alimento para conseguir o aspecto físico que todas teñen, caracterizado
pola cor rosa, que reforzan poñéndose zapatos, colares e lazos do mesmo ton. Neste
contexto, nace una elefanta distinta as demais, Margarida. Todas as demais
elefantas cumpren as expectativas dos seus pais e nais menos ela, que é dun cor
agrisado. Por dita razón, sufre os reproches dos seus proxenitores; cando
desisten de impoñerlle ese aspecto, Margarida por fin descubre o significado la
liberdade e abre o camiño á igualdade para as súas compañeiras.
Potencialidades: Esta historia fabulada baséase principalmente nun canto á
liberdade e á igualdade, acompañado das ilustracións, que potencian a mensaxe
do texto a base de figuras realistas e cores vivos. Aínda que tamén se tratan outras importantes cuestións
como un superficial culto á imaxe ou unha crítica a unha sociedade que
predestina o futuro dos seus individuos e os clasifica en función do seu
xénero.
Dito relato serve para por en valor o rol feminino, erradicar os
estereotipos sexistas e a discriminación, para cambiar mentalidades e construír
un mundo moito mellor dende a educación dos máis pequenos. Con este conto
poderemos desenrolar neles un pensamento crítico acerca dos roles que ocupamos
cada persoa na sociedade na que vivimos e como podemos cambialo. En suma,
pódese facer una reflexión a través dos sentimentos da elefanta sobre se é
correcto ou non que existan cores, xoguetes ou roupa específicos e
diferenciados para o sexo feminino e para o masculino. Tamén pódese tratar o
tema da educación emocional facendo preguntas como: Crees que Margarida era
feliz cando se atopaba illada?, Que farías tu se foses a súa nai ou o seu pai?
Ademais, a partir deste libro, podemos iniciar unha
investigación sobre os elefantes, coa finalidade de darnos conta de cómo se
estruturan as familias, que funcións realizan cada un deses membros ou cal é a
importancia dos máis pequenos na manda.
Tamén existen vídeos de contacontos para facer moito máis amena a historia e axuda a comprender mellor o seu significado.https://www.youtube.com/watch?v=NO3pwZMcV10
Ningún comentario:
Publicar un comentario