Aguirre, Zuriñe (2016). Martín Gris. Alicante: Fun Readers [36 pp.]. (ISBN: 978-84-9444-122-6).
Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado con tapa dura e cunhas dimensións de 25x25 cm. Na cuberta aparece o título da obra en letras maiúsculas e brancas cun debuxo de Martín, o protagonista, que parece sorprendido porque na súa cabeza está medrando unha árbore, isto adiántanos o que lle sucede a Martín no transcurso da obra. As ilustracións son moi coloristas e reflicten moi ben as preocupacións que ten o protagonista. A obra narra a historia de Martín, un neno que non ten color, é branco e negro porque está apagado, sen enerxía e triste porque ten moitas preocupacións.
Potencialidades educativas: Martín desperta cada día con medo de que algo da súa apariencia cambie e iso faga non gustarlle aos demais. Unha das principais potencialidades que se poden traballar é aprender a superar e afrontar o medo a non gustar, os nenos/as teñen que aprender que o realmente importante está no interior de cada un/ha, pero tamén hai que ensinarlles que os cambios son algo natural e que todos/as, dalguna maneira u outra, os experimentamos. Outros aspectos importantes son o amor materno-filial e ensinarlles a que aprendan a ver o lado positivo das cousas (como fai a nai de Martín). O álbum conta cunha animación interactiva para que nenos e nenas poidan ver dende o ordenador unha versión ampliada da obra.
Recursos de interese:
Blog Orientapas. Neste blog ofrecen una proposta didáctica sobre este libro con preguntas coas que se poden facer reflexionar aos nenos/as. (2017), en http://orientapas.blogspot.com/2017/12/martin-gris-un-album-ilustrado-sobre.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario