Mckee, David (1989). Elmer. Ilust. do autor. Barcelona: Beascoa. [32 pp.]. (ISBN: 978-84-4882-328-3).
Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado de tapa dura cunhas medidas de 20,5x23,6 cm. Na cuberta aparece o título da obra en maiúsculas e cor negra, xusto debaixo tamén en negro aparece o nome do autor, no centro hai un debuxo do elefante protagonista a cadros de cores, o fondo ten o mesmo estampado que o elefante. Na contracuberta aparecen unicamente os memos cadros de cores que na cuberta. Hai moi pouco texto acompañando as ilustracións do álbum, e nestas o que máis destaca é a importancia que lle dá á cor, xa que presentan unhas cores que contrastan entre elas e son moi rechamantes para captar a atención do público.
Dende o punto de vista do contido o álbum conta a historia de Elmer, un elefante diferente ao resto, porque en lugar de ser gris como os demais el é un elefante multicolor, algo que a el non lle gusta moito. Cansado de ser diferente decide buscar unha solución para ser igual que os demais ata que un día logra ser gris como o resto, pero iso non dura moito tempor porque ao final volve ser multicolor.
Potencialidades educativas: coa lectura deste albúm pódense traballar varias potencialidades como a autoestima e o autoconcepto, xa que nun principio Elmer pensa que se ríen del polo seu aspecto cando en realidade era pola súa simpatía e gracia, de ahí a importancia de fomentar a autoestima dos nenos/as dende pequenos/as para que así poidan crear un adecuado autoconcepto. Dende pequenos estamos pendentes do que pensarán e dirán os demais sobre nós, con Elmer tamén se pode reflexionar sobre a importancia que se lle da as opinións dos demais e como estas nos poden influir negativamente. Outro aspecto a tratar neste álbum é a integración, xa que aínda que Elmer estaba integrado na súa manada él non se sentía parte do grupo, algo que moi a menudo pode suceder nas aulas de educación infantil cando, por exemplo, chega un novo/a alumno/a.
Recursos de interese:
Canción de Elmer (2011), en https://www.youtube.com/watch?v=TpNx3i0WIBM
Blog Atención Temprana y Estimulación. Neste blog se fala en profundidade acerca da obra http://atenciontempranayestimulacion.com/2015/06/03/descubriendo-a-elmer/
El blog de María del Mar Quírell. Blog onde aparecen varias actividades relacionados con Elmer (2017), en https://marquirell.blogspot.com/2017/05/el-elefante-elmer-actividades.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario