MEJUTO, Eva (2014). Maruxa, Ilust. Mafalda
Milhões. Pontevedra: OQO Editora, col.O, [28pp.]. (ISBN: 978-84-9871-490-6).
Este
libro é un álbum ilustrado con texto de Eva Mejuto e ilustración de Mafalda
Milhões. A súa encadernación é de cartón. Na cuberta presenta a
protagonista do libro, Maruxa, facendo o pan e pódese observar como lle caen
gotas de suor pola fronte. En cambio, na contracuberta pódese observar
aos protagonistas celebrando unha merenda xuntos e contentos. As gardas adoptan
un deseño similar ás viñetas dos cómics, nas que se pode observar que Maruxa é
a que fai todas os labores do fogar, mentres que Pepiño dorme, xoga co can e le
o xornal. Esta situación muda nas gardas finais, nas que se pode observar como
os dous protagonistas do libro colaboran xuntos nas tarefas do fogar.
As ilustracións ocupan a páxina completa. Son moi
realistas e permiten observar as expresións faciais dos protagonistas, que
transmiten diferentes emocións. Os protagonistas parecen que están feitos con
pan, o cal rebunda na transmisión de significados da historia narrada, ademais
de que lle imprime relevo ás figuras e aos elementos do contexto, tanto dentro
como fóra da casa.
O contido do libro xira ao redor da historia de
dúas persoas maiores, Pepiño e Maruxa. Maruxa sempre é a que ten que facer
todas os labores da casa mentres que Pepiño non fai nada. Un bo día Pepiño
pídelle a Maruxa que lle faga pan para almorzar e ela dálle múltiples escusas
para non facerllo. Finalmente é Pepiño quen acaba facendo a pan mentres Maruxa
marcha a durmir.
A historia conta cun narrador heterodiexético que sitúa
ao lector no inicio da obra e dá paso á conversa entre os protagonistas, que
conforma todo o avance da historia ata o desenlace final. O texto é rimado, o
cal acentúa o ritmo e sonoridade da historia. Ademais emprégase a acumulación
de elementos como fórmula para axudar á memorización e retención de todos e
cada un dos elementos que se vai citando. Este recurso é propio dos materiais
da tradición oral e axuda aos nenos e nenas a que aprendan de memoria a
historia lida. Este álbum recibiu no ano 2014 o Premio de Cookbook Gourmand e
foi traducida á lingua castelá co título de María.
Potencialidades educativas
A lectura deste álbum nunha aula de educación infantil
permite reflexionar sobre os roles de xénero nas familias, tomar conciencia dos
traballos que realizan homes e mulleres e a desproporcionada carga de traballo
entre eles. Axuda tamén a que nenos/as entendan que a implicación familiar ten
que ser equilibrada e que todos estamos obrigados a colaborar nas tarefas do
fogar.
Ao tratarse dun texto rimado facilita traballar á
conciencia fonolóxica, pois as palabras que acaban igual e marcan a rima axudan
a entender como funciona a lingua.
A repetición de diálogos axuda a traballar a memoria a
hora de recitar algún dos diálogos. Do mesmo xeito ocorre coa lectura e
memorización da obra tamén se poden traballar conceptos matemáticos a través do
xogo coas medidas e cantidades que hai que empregar para facer pan cos
nenos/as. Así mesmo é unha boa oportunidade para reflexionar sobre a recitan do
pan e de onde proveñen os alimentos necesarios para elaborala.
Recursos educativos
Ningún comentario:
Publicar un comentario