McBratney,
S. (2007). Adiviña canto te quero, ilust. Anita Jeram, trad. Manuel
Janeiro, Madrid: Kókinos, [40 pp.]. (ISBN: 9788496629578).
Descrición do formato e do contido: álbum ilustrado de formato cadrado (25x25 cm) e tapas
duras feitas de cartoné. Na cuberta podemos observar ás dúas protagonistas, a
lebre grande e a lebre pequena, as dúas de cor abelá. A disposición do título na
cuberta resulta significativa, ao aparecer dividido en dúas partes, unha na
parte superior da imaxe central, Adiviña
canto, e outra na inferior, Te quero
e con distintas cores. Na parte inferior encóntrase o nome do autor e da
ilustradora e aos lados as dúas lebres saltando por separado na mesma
dirección. Na contracuberta aparece a imaxe do bosque no que ten lugar a
historia e un pequeno resumo.
O tema central da historia é o amor entre a lebre pequena e a grande, que se representa a través dun xogo no que se demostran o seu amor por medio de distancias. A historia tan lugar en diferentes partes do bosque e as ilustracións son moi detalladas e semellan estar feitas con acuarelas. O texto aparece en letras grosas e minúsculas, acompañando ás ilustración ao longo de toda a historia.
Potencialidades: Adiviña canto te quero serve para que nenos e nenas comprendan as súas emocións e entendan que o amor que sentimos por algunhas persoas é moi difícil de medir, como lle pasa á lebre pequena. En ningún momento do conto se di se as dúas lebres son familiares ou amigas, tampouco se sabe o sexo delas, o que permite maior liberdade de interpretación. É unha excelente lectura para traballar a educación emocional e especialmente a afectividade.
Recursos
educativos:
· Cativadas
do Irixo (2020, abril, 3). Adiviña canto te quero. [Archivo
de vídeo]. Recuperado de: https://youtu.be/ZcBINp4AYOI
(consultado o 30/04/2020)
Ningún comentario:
Publicar un comentario