Serrano, Berta (2015). Nacido del corazón, ilust. Alfonso Serrano, trad. Esther Rubio. Madrid: Kókinos, [44 pp.]. (ISBN: 978-84-16126-10-1).
Descrición
formato: álbum
ilustrado con texto de Berta Serrano, ilustracións de Alfonso
Serrano e tradución de Esther Rubio. Presenta capa dura e na cuberta
aparece unha muller
sobre un fondo laranxa,
da que semella saír un
corazón, o ceo, dous
paxariños pequenos e unha bolboreta. Na contracuberta vese unha
imaxe moi similar á cuberta,
pero agora a muller está subida ao lombo dun home e sobre ela a
silueta dun bebé. Xa no interior, as ilustracións son moi orixinais
e divertidas, de colores brillantes, que dan expresividade á
historia desta nai e a este pai durante todo o seu embarazo do
corazón. É un libro recomendado para nenos/as de entre 5-9 anos.
Descrición
do contido: hai
rapaces/as que nacen no corazón da súa nai. Son aqueles desexados
e esperados durante tanto tempo, aos que moitas veces hai que ir a
buscar cruzando nubes e sendas,
como fixeron Rosa e Carlos neste conto. Nenos/as que, en realidade,
terán que adoptar aos pais que os adopten. Son fillos/as que se fan
con amor, entusiasmo e paciencia. Unha historia para explicarlle
xustamente a súa historia ao fillo adoptado.
Potencialidades:
a lectura desta
obra permítenos traballar cos nenos e nenas a temática da educación
emocional e as relacións afectivas, neste caso centrándonos nuns
pais que adoptan a un fillo. Con isto os rapaces/as aprenderán a
crecer na diversidade, comprendendo que hai diferentes orixes e
distintas clases de familias. É un libro para desdramatizar a
adopción e sinalar que o único verdadeiramente importante é
concibir co corazón e dar a luz con amor.
Recursos:
Serrano,
B. (s. f.). Nacido
del corazón.
Recuperado 1 de mayo de 2020, de
https://www.rayuelainfancia.com/album-ilustrado/469-nacido-del-corazon.html
(consultado
12/05/2020)
Serrano,
B. (s. f.-b). Nacido del corazón. Recuperado 1 de mayo de 2020, de
https://www.infantilandia.es/albumes-ilustrados-infantiles/554-nacido-del-corazon.html
(consultado
12/05/2020)
Ningún comentario:
Publicar un comentario