martes, 12 de maio de 2020

Un bico para Osiño


Minarik, E.H. (2015). Un bico para Osiño. Trad. Sandra e Óscar Senra. Ilust. Maurice Sendak. Pontevedra: Kalandraka, col. Tras os montes, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-869-7).




Descrición do formato e do contido da obra:
Álbum ilustrado de tapa dura cunhas dimensións de 23 x 15 cm. Cuberta e contracuberta están unidas por un fondo de cor verde, pero na cuberta a maiores do fondo pódense ver o Osiño acompañado dunha galiña, ambos os dous dentro dun marco recuberto de follas. Tamén se pode ler o nome da autora e do ilustrador, xunto co título da historia. As gardas son de cor beixe sen ningún elemento. Na portada vese o Osiño mais unha galiña listos para pintar un debuxo con pinceis mentes que, na páxina seguinte, Osiño está colocando o lenzo nunha árbore para poder comezar e a galiña observa. Esta escena ten continuidade na páxina seguinte, onde se ve que Osiño xa comezou a debuxar. Todas as follas da obra, a excepción das gardas, están delimitadas por un marco similar ao que aparece na cuberta.

A obra narra a historia de como o Osiño e a súa avoa se comunican sen importar a distancia. O texto é sinxelo e cunha estrutura que se repite ao longo da historia. Deste xeito é fácil de ler, de comprender e de recordar. Os debuxos que o acompañan son predominantemente de cor beixe e recrean as escenas narradas.


Potencialidades:
A lectura desta obra permite abordar cuestións como o vocabulario relacionado con animais, as diferentes formas de comunicarse, como pode ser o debuxo, así como valorar o traballo en equipo, como fan todos os animais para axudarlle ao Osiño e á súa avoa. 

Recursos
NICOLÁS, R. (2015). Os osiños de Else Holmelund Minarik e Maurice Sendak. Caderno da crítica, 20 de xullo. Recuperado de: https://cadernodacritica.wordpress.com/2015/07/20/os-osinos-de-else-holmelund-minarik-e-maurice-sendak/ (consultado o 10/5/20).







Ningún comentario:

Publicar un comentario