luns, 11 de maio de 2020

O traxe novo do rei



Ballesteros, X (adapt.). (2000). O traxe novo do rei, ilust. João Caetano, Pontevedra: Kalandraka, [33 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-024-0).

Descrición do formato e contido: álbum ilustrado no que se recrea unha reescritura do conto clásico popular do mesmo título. De tapa dura que consta de 33 páxinas cun tamaño de 25x23 centímetros. Na cuberta aparece o rei con elementos de costura e o castelo de fondo. Ao redor deses elementos de costura aparecen os nomes do adaptador e do ilustrador. Na contracuberta observamos diferentes elementos de costura e nas gardas uns traxes con medidas. En canto ao contido do libro conta con ilustracións orixinais a dobre páxina con cores moi variadas e de tons apagados. O texto é sinxelo.
A obra trata dun rei que lle importaba moito a vestimenta, tanto que encargou un traxe que só puideran ver os que non foran tontos ou indignos do seu posto. Despois o rei foi probar o traxe, que non existía, cos seus asesores e estes non vían o traxe, pero para non parecer tontos loaban o aspecto do monarca, tanto eles coma o pobo, ata que un neno dixo que estaba espido, e todos, incluído o rei, se decataron do engano.

Potencialidades: a lectura desta obra permite tratar temas como a ignorancia e a inocencia dos nenos e nenas, que están libres dos prexuízos e convencionalismos que por veces dominan a vida dos adultos. Tamén pon en valor aspectos como a lealdade e a sinceridade, fronte á avaricia e a hipocrisía.

Recursos:
-Cruz, M. (18 de marzo de 2013). O traxe novo do rei. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=MEgIlCKIREQ  (consultado 27/04/2020).

Ningún comentario:

Publicar un comentario