Se che pica un mosquito
Gastó, Jordi. (2020).Se che pica un mosquito, ilust.Christian Inaraja, (Ballesteros, Xosé. Trad.) Pontevedra: Kalandraka, [22 pp.]. (ISBN: 978-84-1343-002-7).
Descrición do formato: o álbum con texto de Jordi Gastó, traducido por Xosé Ballesteros e ilustrado por Christian Inaraja. É un volumen en acartone con dimensións son de 17.5 x 22 cm. A cuberta ten un fondo en colores pasteis que nos transmiten un sentimento de tranquilidade. Sobre este fondo aparece un neno e o mosquito que o acaba de picar escapando, nesta imaxe preséntase o problema inicial que lle sucede ao protagonista ao que se lle dá unha solución. Enrriba da ilustración aparece en letras grandes e amarelas o título do libro e enrriba con letras máis pequenas o nome do autor e o ilustrador. Na contracuberta vese só ao mosquito, imaxe que adianta a conclusión final da historia, ademáis de todos os datos de edición.
Contido da obra: cóntase a historia dun neno ao que lle pica un mosquito pero móstrase tranquilo porque coñece un remedio, que consiste nos seguintes pasos: primeiro dar 3 pinchos á pata coxa, segundo berrar alto, terceiro tes que convidar a unha amiga e cantar xuntos, cuarto traer bandeirolas e tocar o tambor, quinto repartir doces, sexto ir a unha festa, sétimo viaxar a unha illa onde viven monstros e fadas, construír un castelo con torre e dragón, inchar un globo para viaxar por diferentes lugares ata a noite. Pero se fixeches todo isto e a picadura aínda segue, ao día seguinte tes que volver repetilo. Todo isto preséntase nun texto moi breve e rimado que marca o ritmo da historia e facilita a súa memorización. As imaxes ocupan sempre a parte central de cada páxina, mentres o texto aparece debaixo en letras minúsculas. Os debuxos son figurativos e cunha liña negra ao redor, destacando moito sobre o fondo plano, o que permite centrar a atención nas accións dos personaxes.
Potencialidades: con esta obra podemos traballar a educación emocional, concretamente a emoción do medo a un becho. Este libro preséntanos as picaduras de mosquito como algo molesto e inevitable, pero o protagonista aporta aos nenos e nenas algúns consellos que lles axudarán a manter a mente ocupada ata que desapareza o comechón. Tamén nos da pé a realizar actividades onde se traballe a imaxinación e a creatividade. É unha obra indicada para traballar en calquera curso de Educación Infantil, adaptando as actividades complementarias á idade e coñecementos previos das crianzas. Tamén propicia a lectura visual polas imaxes de gran tamaño que ocupan o centro da páxina e representan as accións do texto, así como a memorización da historia, facilitada polas estruturas rimadas.
Recursos educativos:
Loli Blanco e Helena García (2020). Se che pica un mosquito / Si et pica un mosquit. Recuperado de: http://www.kalandraka.tv/gl/video/mosquito (consultado o 12/5/2020).
Ningún comentario:
Publicar un comentario