Obiols, Ana e Joan Subirana (2003). El pequeño Dalí y el camino hacia los sueños, Barcelona: Lumen, [28 pp.]. (ISBN: 84-264-1377-6).
Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado de Anna Obiols e Joan Subirana, de formato rectangular (35x24´1 cm) e traducido do catalán. A cuberta ten unha base de cor granate que vai en degradado cara a abaixo. Ademais atopamos unha imaxe dun neno a tamaño medio, vestido de mariñeiro, descalzo e coas mans nas costas suxeitando o que parece un aro. Xusto detrás del, hai unha ilustración dunha paisaxe de costa, rodeada por unha silueta en forma de ovo, imitando a unha porta pola que semellou entrar o protagonista. Ao redor desta ilustración atopamos un reloxo deformado, un elefante con patas longas como se fosen uns zancos, unha barca e un pan. Na parte superior da cuberta atópase o título, en letras de cor area e cunha caligrafía moi elaborada. O inicio deste título, El pequeño Dalí, ten un tamaño superior ao resto. No espazo inferior está o nome dos autores, en branco e co mesmo tipo de caligrafía. Na contracuberta atopamos o mesmo fondo granate, agora co protagonista de costas, subido a un elefante que parece estar camiñando. Ademais, hai un fragmento do inicio do conto en letras brancas e claras. Tanto as ilustracións da cuberta coma contracuberta semellan pinturas dun lenzo, incluso se nos aproximamos podemos apreciar pequenas raias como as que existen nas teas dos cadros. Ademais, os debuxos teñen un efecto de sombreado que lle dá moito realismo, isto contrarresta coa imaxe da paisaxe e do neno, que parecen pinturas. A contracuberta e a cuberta están feitas de cartoné.

As gardas son de cor azul clara con degradado cara á parte inferior e conteñen debuxos de reloxos deformados, en distintos tamaños. A garda da parte final contén un texto escrito nun debuxo de pergamiño, nel fálanos de Dalí, aportando breves datos da súa vida e obra. A portada é de cor branca, na parte esquerda podemos observar unha frase e un breve texto en homenaxe a Dalí. Na parte dereita está escrito o título da obra, na mesma caligrafía da portada e acompañado dun debuxo a tamaño medio. Esta ilustración representa un home de costas, cuxa constitución semella a dun saleiro, vestido de cor vermella e cun estampado de reloxos. Tamén leva ás súas costas un garfo, onde ten espetado un reloxo. Ademais, ten un sombreiro e podemos observar parte do seu bigote.
No interior, as ilustracións son a dobre páxina, a letra está sempre na parte superior e nunha das páxinas, alternando par e impar, a excepción da primeira páxina onde hai texto en ambos os lados. A súa caligrafía é clara, de tamaño medio e de cor negra. Con respecto ao contido, trátase dun álbum ilustrado divulgativo, baseado e inspirado no pintor Dalí. Deste xeito, cóntanos a historia dun neno pequeno que atopa unha chave que o fai viaxar a diferentes mundos. Estes representan as obras de Dalí, mentres que o cativo é o pequeno artista que o autor tiña no seu interior. Así, ao final da historia todos os personaxes acaban camiñando cara ao maxín de Dalí, a onde pertencen. O punto de vista é o dun narrador omnisciente, que deixa paso a breves diálogos nos que o protagonista pide axuda ou fala consigo mesmo. O conto propicia dous niveis de lectura, xa que por un lado temos unha historia de viaxe, de axuda, de soño, e polo outro, temos a obra de Dalí e a súa propia historia.
No tocante á arquitectura textual, todo o libro está cheo de metáforas, a propia historia é unha metáfora en si mesma. Ademais, contén toques de humor polo absurdo que é todo o que ocorre, pero cunha mensaxe clara e sen palabras de demasiada dificultade. As ilustracións son unha parte fundamental da obra, quizais a parte máis importante, xa que nos axudan a entender o contexto e a imaxinar os diferentes mundos, porque as descricións escritas das escenas non son moi exhaustivas. Ademais, son unha adaptación directa pero moi clara das obras de Dalí. O ilustrador do conto nalgunhas ocasións realiza unha mestura de diferentes elementos das obras, de forma que se superpoñen creando distintos planos, dentro dunha imaxe común. Noutras, utiliza a obra case como é na realidade. Todas as imaxes teñen unha perspectiva máis de conto e moito menos realista que nas obras de Dalí, aínda que conservan a sensación de viaxe e de soño que conteñen as orixinais. Tamén teñen uns tons moi vivos, utilizando sempre como base o vermello, o azul e o amarelo, cargados dun matiz pastel, característico do efecto cadro. Os bordes aparecen moi difuminados, tanto os dos diferentes elementos, coma os utilizados para pasar dunha cor a outra.
Potencialidades: a lectura deste conto ten, na miña opinión, múltiples potencialidades, xa que por unha banda aproxima a arte, e en concreto, a Dalí aos máis pequenos e faino dun xeito máxico, de ensoñación e de forma moi sinxela, coma se Dalí fose un neno máis da clase. Ademais, o sentido tan aberto e amplo da obra, permítenos traballar multitude de temáticas como as viaxes, os soños, as paisaxes, a música ou a cociña. Outro punto moi destacable é o carácter abstracto da obra, xa que nos leva viaxando polas pinturas, sen que en ningún momento o lector se decate de que na obra están sucedendo cousas irreais. Isto tamén conleva unha parte negativa, esta obra non poderá ser tratada con alumnos moi pequenos, xa que eles non relacionarán a obra e non lle darán un segundo sentido, porque aínda non teñen a capacidade suficiente para entendela. Con respecto ós valores traballados, trata a empatía e a amizade. Pero sen dúbida, o punto fundamental é como divulga, motiva e aproxima a obra de Dalí ao público máis pequeno. Todo isto, fai que sexa unha obra básica na nosa biblioteca de aula.
Recursos educativos:
El pequeño Dalí y el camino hacia los sueños - Viu el teatre. Recuperado de https://viuelteatre.com/es/espectaculos/el-pequeno-dali-y-el-camino-hacia-los-suenos/ (Consultado o 30 de Abril de 2020)
El pequeño Dalí y el camino hacia los sueños. (2020). Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=vUqAUHyezxM (Consultado o 30 de Abril de 2020)
Reseña: El pequeño Dalí y el camino hacia los sueños. (2015). Recuperado de http://literaturarespetuosa.blogspot.com/2015/08/resena-el-pequeno-dali-y-el-camion o.html (Consultado o 30 de Abril de 2020)
Montero, M. (2009). El pequeño Dali y el camino hacia los sueños. Recuperado de http://zonadeloscuentos.blogspot.com/2009/02/dali-y-el-camino-de-los-suenos.html (Consultado o 30 de Abril de 2020)
Cano, M. (2013). El bigote de Dalí parece un caracol. Recuperado de http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/ecoblog/mcanlop/2013/05/19/el-bigote-de-dali-parece-un-caracol/ (Consultado o 30 de Abril de 2020)
Ningún comentario:
Publicar un comentario