Aquiles o puntiño
Risari, G. (2020). Aquiles o puntiño, ilust. Marc Taeger, trad. Ballesteros, X. Pontevedra: Kalandraka, col. Maremar, [40 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-568-9).
Descrición do formato: álbum con texto de Guia Risari, ilustracións de Marc Taeger, e a tradución a galego realizouna Xosé Ballesteros. Respecto ó formato do libro, e de tapa dura, acartonada, as súas dimensións son de 22 x 28 cm. A cuberta ten un fondo en colores vivos que nos transmiten un sentimento de alegría. Este fondo está composto por unha ilustración que ocupa todo o espazo de Aquiles o protagonista do conto. Dentro da ilustración atopamos á esquerda o título da obra e á dereita o nome da autora e do ilustrador. Na contracuberta podemos ver moitos puntiños esparexidos, imaxe que simboliza a última parte do libro, na que o protagonista mira ao ceo e ve moitos puntiños, coa esperanza de que estes tomen a iniciativa e se esforcen tanto que poidan chegar a ser coma el. Na garda aparece un debuxo de moitos puntiños transparentes, de onde sae Aquiles. Na anteportada podemos observar que se encontran todos os datos da obra: autoría, ilustración, tradución e edición. Na portada repítense os datos da cuberta e unha ilustración que representa ao puntiño sacado da ilustración que atopamos na garda, a partir da cal Aquiles vai creando o seu corpo.
Contido de la obra: o conto comeza cun puntiño transparente nunha folla branca, este pouco a pouco píntase de azul e lentamente ese puntiño azul foi creando partes do seu corpo segundo as necesidades que lle ían xurdindo, como ollos para ver, cabeza para pensar, boca para falar. Un día, quixo saír da súa folla branca para explorar o mundo e creou unhas pernas para botarse a camiñar, polo camiño Aquiles atopouse con outras necesidades e fixo medrar novas partes do corpo, un nariz, uns brazos, unhas orellas, as mans, uns pés. Cando chegou á noite deitouse a durmir e viu moitos puntiños no ceo coma el e pensou que pronto caerían e lles sairía un ollo.
Potencialidades: a lectura desta obra é fundamentalmente visual, con grandes debuxos e moi creativo. Esta lectura axudaranos a traballar obxectivos do currículo como as partes do corpo, o autocoñecemento e tamén conceptos lóxico-matemáticos.
Recursos educativos:
Soñandocuentos (2010). Aquiles, el puntito. Recuperado de: http://sonandocuentos.blogspot.com/2010/02/al-principio-en-el-medio-de-una-hoja-en.html (consultado o 12/05/2020)
Ningún comentario:
Publicar un comentario