CUTBILL, Andy e RUSELL Ayto, (2017). A vaca que puxo un ovo. Vigo: Patas de Peixe (ISBN: 978-84-9368-423-5).
Descrición do formato e contido: álbum ilustrado escrito por Andy Cutbill que conta coas ilustracións de Ayto RusellL, composto por 54 páxinas e encadernado en cartoné. É un libro dirixido a nenos e nenas a partir dos 4 anos. Presenta na cuberta un fondo fucsia e unha ilustración onde aparece a protagonista do libro, Marjorie, que mira con ilusión un ovo. Marjorie é de cor branca con manchas negras, ao igual que o ovo. Esta imaxe ocupa o lado dereito da cuberta, o título do libro ocupa todo o lado esquerdo e o autor e ilustrador apenas ocupan espazo, os seus nomes están situados na parte inferior. A contracuberta conta cun fondo que representa un espazo da granxa onde vive a protagonista e onde se poden ver tres vacas facendo malabares, con Marjorie nunha esquina cunha nube gris enriba dela a pesar de que o ceo está azul e sen máis nubes, a protagonista está falando con tres pitas. Tamén, hai un pequeno resumo do conto e abaixo de este o nome da editora e o ISBN.
As gardas son brancas, con manchas en forma de círculos negros que representan as manchas que ten Marjorie e o ovo. Despois da garda hai unha anteportada cun fondo branco e onde aparece tres pitas en fila, esta páxina dá lugar á portada, que ao igual que a anteportada é branca e nela pódese ver ademais do título do libro, que ocupa case toda a páxina, o nome do autor e do ilustrador.
O texto é breve, a fonte utilizada é sinxela, as frases son curtas e claras, cedéndolle o protagonismo ás imaxes, aínda que nalgunhas ocasións aparecen en letra grosa e máis grandes para darlle maior importancia ao que se di. As ilustracións están feitas con trazos sinxelos e son fáciles de identificar, estas imaxes son a dobre páxina. As cores empregadas son de tonalidades fortes, aínda que se utiliza tamén o negro cando é de noite e representa o misterio. Algunhas escenas preséntanse a modo de banda deseñada, o que fai que os lectores as observen con atención.
O narrador é heterodiexético e conta a historia en terceira persoa, mestúrase coas voces dos personaxes que dialogan. Os personaxes principais do conto son animais, as vacas e as pitas. A protagonista é Marjorie, unha vaca que estaba triste porque non se sentía especial xa que, non sabía montar en bicicleta nin dar un pinchacarneiro como as outras vacas, polo que as súas amigas as pitas deciden intervir e colócanlle un ovo onde ela dorme, á mañá seguinte Marjorie berra ¡puxen un ovo!. Finalmente, o que sae de dentro dese ovo é unha pita, pero ao saír di «Muuuuuuu»
Potencialidades educativas: A través deste conto pódense traballar varios temas, desde os animais que viven nunha granxa, a idea do autoconcepto e a autoestima xa que, Marjorie está triste por que non sabe facer as cosas que fan as outras vacas, valores como a amizade e a solidariedade por parte das galiñas, tamén permite reflexionar sobre o amor filial e os tipos de familia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario