Del Mazo,
Margarita (2012). Camuñas, ilust. Charlotte Pardi, Pontevedra: OQO. [40 pp.].
(ISBN: 978-84-9871-420-3).
Descrición do formato: álbum
ilustrado escrito por Margarita del Mazo e ilustrado por Charlotte Pardi que
ten forma rectangular de 25x23 cm. É de tapa dura, (cartoné), resistente e
fácil de manipular para nenos e nenas de 4-5 anos en diante. As páxinas teñen
un grosor adecuado para que non se rompan facilmente.
Pasando á cuberta, podemos ver unha ilustración dun Camuñas tenro e terrorífico, ao mesmo
tempo sobre un fondo amarelo que o fai destacar, o que chama a atención dos
nenos e nenas. Ademais na cuberta tamén aparece o título do álbum, o nome da
autora e da ilustradora e da editorial. A contracuberta presenta un fondo amarelo
onde aparecen datos
da editorial, do código de barras e o ISBN do libro.
Descrición do contido: o relato conta con
sintaxe sinxela co que se
pretende un contacto precoz coa lectura, axudado polas ilustracións moi detalladas, nas que o
retrato vai gañando protagonismo a medida que avanzamos na lectura. Ofrece
varios niveis de lectura, un máis superficial, que sería a
historia dun monstro que vai comer unha nena, e a máis profunda, que fai
reflexionar sobre o autoengano, a valentía e a astucia. A historia conta cun
narrador que introduce o conflito e pecha a historia. En canto á arquitectura
textual, este álbum preséntase a dobre
páxina e co texto integrado nas ilustracións, pero sempre lexible. É unha
lectura moi divertida que nos fai reflexionar a través do humor.
Potencialidades: a lectura deste álbum ilustrado permítenos abordar cuestións como autoconcepto
(como nos vemos nós mesmos), a autoestima ou a intelixencia
emocional. Tamén permite
traballar
outras emocións como o medo e así facer conscientes a nenos e nenas de como son
as súas emocións primarias.
Recursos:
Del Mazo, M. (2019). Camuñas
se adueña de mi canal. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=NjYapQSCqpY (consultado o 12/05/2020).
Ballesteros, T. (2020). Cuento “camuñas”. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=71k8kS1yl4c (consultado o 12/05/2020).
Ningún comentario:
Publicar un comentario