Paxaro
amarelo
DE
DIOS, Olga (2015). Paxaro Amarelo. Zaragoza: Apila Ediciones (ISBN: 978-84-943476-0-3)
Descrición do
formato e contido: álbum
ilustrado pertencente á colección “Monstro Rosa”,
no que se narra unha historia orixinal da autora e ilustradora Olga de Dios.
Composto en cartoné, presenta na cuberta
o título en cor amarela. Este sitúase na parte superior. Debaixo do título,
aparece con letra cursiva o nome da autora e ilustradora da obra: Olga de Dios.
O logo da editorial aparece no lado inferior dereito. A cuberta é de cor azul
claro e nela móstrase o protagonista da obra: un paxaro de cor amarela. Esta non presenta máis debuxos que o protagonista agarrando un desaparafusador
mentres á súa esquerda hai tres ferramentas no chan. Por outra banda, a contracuberta aínda que é da mesma cor, nela aparecen imaxes
doutros personaxes da obra: un oso polar, un
pingüín, unha galiña, un paxariño de kiwi e unha avestruz. Así mesmo, no lado esquerdo inferior aparece o código de barras e unha
breve síntese da historia. No interior, as gardas son de cor beixe e a dobre
páxina. No lado esquerdo aparece un debuxo do globo terráqueo sinalando
diferentes zonas como Europa, África ou Asia. Pola contra, o lado dereito
carece de debuxos, só aparece no inferior da
páxina unha pequena dedicatoria a todos e todas os que
comparten o seu coñecemento. En relación coas
gardas finais, as cales son de cor azul, recollen o final da historia. Na páxina
esquerda amósase a carta que o protagonista lle envía ao
seu amigo Teo e unha pregunta que vai destinada ao
lector ou o oínte: Que che gustaría inventar para mellorar a túa
vida e a dos que te rodean?. Na páxina
esquerda aparece outro debuxo do globo terráqueo relacionando cada zona cun
animal da obra. A páxina de dereitos
aparece entre as gardas e a portada. É de cor beixe
e recolle información relevante da obra e das normas Creative Commons. A portada é de cor azul e está composta
por un debuxo da terra co protagonista situado encima. No centro do debuxo
aparece o título en cor amarela e debaixo deste
o nome da autora en cor branco e cursiva.
Finalmente, debaixo do nome amósase o logo da editorial.
O
libro componse de 40 páxinas de 22x25 cm. Estas están formadas de papel
ecolóxico e impresas en offset CMYK, tal como nos informa a autora na súa
páxina web. Respecto ás ilustracións e o
texto, podemos observar como as ilustracións levan todo o protagonismo,
ocupando ambas as páxinas, mentres que o texto
simplemente desenvolve un papel de guía e apoio.
Os debuxos, que aparecen sobre un fondo de cor azul, son sinxelos e coloridos,
imitando trazos realizados con acuarela. En canto ao texto,
empréganse dúas
tipografías diferentes, Bookend e Alright_scrapbooky, as cales se nomean na
páxina de créditos. O texto é sinxelo e moi breve, agás no final no que se mostra unha carta que envía
o protagonista ao seu amigo Teo.
En
canto ao argumento, a historia
comeza coa observación de diferentes ovos e das
súas respectivas aves. A continuación, un narrador en terceira persoa explica
que o protagonista, un paxaro de color amarelo non pode voar. Pola contra, é
moi habilidoso, arranxa moitas cousas e fai inventos que comparte cos seus
amigos. Co tempo, todos os amigos que sabían voar marcharon para outros lugares
pero sempre lle mandaban postais. Un día, o seu amigo Teo, o carteiro, preguntoulle porqué non
inventaba algo para poder voar. Xuntos traballaron no invento e á mañá seguinte o paxaro
amarelo puido voar. Na súa viaxe coñeceu diferentes lugares e animais e
compartiu o seu invento con todos os que querían voar. Finalmente, envíalle
unha carta ao seu amigo Teo, contándolle as súas vivencias, o lugar
no que quedou a vivir e os novos amigos que coñeceu.
Potencialidades: a lectura desta historia favorece a
aprendizaxe de diferentes animais e lugares, así como a relación entre estes. Por
outra banda, poténciase a creatividade, xa que
anima os/as nenos/as a ser imaxinativos como o
protagonista. Tamén se pon en valor a capacidade de compartir
e a toma de consciencia de que todas/os temos unha
habelencia que nos fai destacar.
Recursos: Páxina web da autora, en https://olgadedios.es/ (materiais, ilustracións e
información sobre as súas obras) (consultada o 11/05/2020).
Ningún comentario:
Publicar un comentario