Andersen, H. C. (2005). O patiño feo.
Trad. Manuela Rodríguez. ilust. Ana Sande, Pontevedra: Kalandraka Editora, (a
partir de 3 anos), [40 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-525-2).
Descrición do formato e o contido:
É un álbum ilustrado de cartoné creado por Hans Christian Andersen y adaptado
por Manuela Rodríguez. Foi recoñecido no Programa Nacional de Lectura (SEP
México) – 2006. Este libro está escrito en lingua galega. Conta con 40 páxinas.
A cuberta presenta unha paisaxe na que se atopan tres patiños, un deles é o
patiño feo, que mostra unha cara triste mentres marcha camiñando rapidamente,
os outros dos patiños van detrás del camiñando por un camiño no que se van reflectindo
as sombras dos patiños pola Lúa branca que se amosa na marxe superior do conto.
O ceo móstrase de cor azul escuro, como é propio da noite. O que se mostra na
cuberta é algo revelador, xa que aparecen algúns dos protagonistas da historia.
As cores empregadas son vivas e alegres, mesturando frías con cálidas. A
cuberta contén o título nun tamaño grande e de cor branca, o nome do autor e da
ilustradora, ademais do nome da editorial. Na contracuberta aparecen máis
patiños xogando entre eles mentres camiñan por un carreiro, así como algúns datos
da edición. As gardas están tinxidas de cores vivas, nelas aparecen as catro
estacións, dende o verán, no que se pode observar unhas herbas, ao outono que
se reflicte nas follas de cores laranxas e marróns, na neve que simboliza o
inverno e nas flores que dan lugar a primavera. Antes da portada aparece unha
ilustración dos ovos dos patiños onde aparecen os títulos de crédito. Na
portada aparece a continuación dos ovos dos patiños e os datos da edición
(título, autor e adaptación, ilustradora e editorial) sobre un fondo de cor
ocre escura. O texto está en minúsculas e nel resaltan algunhas palabras, como acontece
nas últimas follas do conto.
O título desta obra pódenos levar a pensar
en calquera situación na que poidan contar a vida triste deste patiño feo, pero
en realidade trata dunha historia cun final fermoso. O patiño feo nace máis
tarde cós seus irmáns, sae dun ovo máis grande cós demais e non se parece a
ningún dos outros, polo que a nai pensa que quizá fose un pavo e non un pato,
daquela para comprobalo decide ir ao lago. Ao ver que pode nadar sen ningún
problema a nai sentiuse mellor. Despois foi presentarlles os seus fillos aos
demais animais, que se rían del porque era diferente. Canso de que acontecese
isto decidiu marchar. No seu camiño encontrou con gansos, cunha muller anciá
mais o seu gato e a súa galiña, cun labrego e os seus fillos, ata que
finalmente apareceron os cisnes, estes nadaron ao seu redor e acariñárono co
bico, era un máis. Sntiuse moi feliz de ser un cisne. O texto conta cun
narrador en terceira persoa, que introduce o diálogo entre as personaxes. A
narración ten unha estrutura lineal que transcorre durante as catro estacións.
Con respecto ás ilustracións, ao longo do
álbum combinan planos xerais, americanos, medios e a detalle, nos que aparecen
todas as personaxes. A maioría son ilustracións a toda páxina. A gama de cores
é a mesma que a empregada na cuberta, na contracuberta e nas gardas. As
ilustracións caracterízanse por ter cores moi vivas, para chamar a atención dos
lectores. As expresións das personaxes son moi expresivas.
Posibilidades educativas:
a lectura deste álbum ilustrado que reflicte as emocións, polo que resultaría
interesante fomentar a identificación e xestión de sentimentos que poden
experimentar os máis novos. Ademais, axuda tamén a comprender aos nenos e nenas
que todos podemos ser fermosos se nos atopamos no lugar adecuado. Pode resultar
un libro moi útil que nos axude para traballar o acoso escolar a través desta
historia na que o patiño feo escapa da súa familia polas burlas que recibe. Con
lecturas coma esta estamos contribuíndo a que cativos e cativas coñezan
historias de superación que lles axudarán a se enfrontar aos seus propios medos
e a fomentar a súa autoestima.
Recursos educativos:
Ademais este conto permítenos traballar diferentes
estratexias de dramatización, como pode ser o teatro, os monicreques, as
máscaras, etc. Son recursos educativos moi diversos que axúdanos a poder
traballar diferentes potencialidades nas aulas, entre elas atopamos as
seguintes:
- CEIP de CHANS-BEBRIVE de Vigo.
(16/06/2014). O patiño feo. CEIP Chans.6º Educación Infantil. https://www.youtube.com/watch?v=d5u-gOln8Fg (Consultado o 22/04/2020).
- Biblioteca Asunción Antelo
Coristanco de A Coruña. (30/01/2017). O patiño feo. https://www.youtube.com/watch?v=Bwcwredu8dI
(Consultado o 22/04/2020).
Ningún comentario:
Publicar un comentario