GIL, Carmen (2017). Margarito. Ilust. Silvia Álvarez. Madrid: Cuento de luz. [ 32pp.]. (ISBN: 978-84-16733-31-6).
Descrición do formato e o contido: álbum ilustrado con texto de Carmen Gil e ilustracións de Silvia Álvarez. A cuberta e a contracuberta son de cartoné. Na primeira aparece un burro castaño preto dunhas flores, que son margaritas, e enriba del unha póla dunha arbore de cor azul escuro. Na contracuberta aparecen ramas de diferentes plantas e o fondo é de cor gris e verde claro. A cuberta e a contracuberta son complementarias. As gardas teñen debuxado un campo verde e vermello cunhas margaridas brancas e o ceo ten cor rosa, amarelo e azul clariño. As imaxes do interior son a toda páxina, de cores vivas e rechamantes e crean sensación de profundidade.
Desde o punto de vista do contido, neste conto preséntase a historia dun burro chamado Margarito moi popular na granxa onde vivía, aínda que cos anos ía perdendo axilidade, fortaleza e ouvido. Un día chegou Flamante, un fermoso poldro cheo de xuventude e enerxía, que se converte no seu rival. Hai un narrador en terceira persoa que vai contando a historia e que dá paso nalgúns momentos ao diálogo entre os diferentes personaxes da historia.
Esta obra conta con edición en inglés e recibiu Medalla de Oro en Estados Unidos en 2017 Moonbeam Children's Book Awards
Potencialidades: a lectura de este conto permítenos traballar co paso do tempo, as diferentes etapas da vida, dende a nenez á vellez, valorar a experiencia e a sabedoría que nos aporta o paso do tempo, á vez que nos permite desenvolver a atención sobre as persoas maiores que nos rodean, promovendo as o respecto e as relacións interxeracionais.
Paréceme un libro ben interesante, xa que as crianzas poden visualizar o paso do tempo,como merman facultades e adquírese experiencia,entre outras cousas. Considero moi importante que os/as nenos/as deben traballen istes temas e que valoren as personas maiores como fonte de sabiduría. Tamén é un bo conto para que vaian adquirindo a vez os valores de respeto e as relacións interxeracionais.
ResponderEliminar